Un xulgado avala as “recomendacións de saúde pública” da Xunta na Mariña

Probas de COVID-19 desde o coche nas inmediacións de Burela, Lugo, Galicia (España), a 6 de xullo de 2020.. Carlos Castro - Europa Press

O Xulgado do Contencioso número 2 de Lugo ratificou as medidas adoptadas pola Consellería de Sanidade sobre “recomendacións de saúde pública” na Mariña, onde un brote de coronavirus obrigou a pechar esta zona da costa de Lugo desde o luns e ata a xornada de reflexión do próximo sábado.

Segundo avanzou o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), a xuíza denega no mesmo auto ordenar ás Forzas e Corpos de Seguridade “que presten auxilio preventivo e no seu caso coercitivo, proporcionalmente, para facer efectiva a execución das medidas adoptadas”.