Caballero vese como a gran alternativa da “ilusión” fronte a un Feijóo “cada vez máis pequeno”

O líder do PSdeG visitou este martes a localidade de Guitiriz e aproveitou para instar o presidente da Xunta a un "cara a cara".

A alcaldesa de Guitiriz, Marisol Morandeira; o candidato do PSdeG, Gonzalo Caballero,e o secretario de Organización do PSdeG, José Manuel Quiroga, en Guitiriz

O candidato socialista á Presidencia da Xunta, Gonzalo Caballero, instou ao presidente galego e aspirante popular á reelección, Alberto Núñez Feijóo, a “deixar as escusas” e “aceptar un cara a cara” co PSdeG, a forza que “lidera o cambio en Galicia”.

En declaracións aos medios durante unha visita a Guitiriz acompañado pola alcaldesa, Marisol Morandeira, e despois de que Feijóo condicionase a súa participación noutro debate a que “o multipartito” elixise “a un candidato”, Caballero asegurou que o popular “se escaquea” do debate “como pode”.

Deste xeito, tras subliñar que a súa formación é o partido que “gañou as xerais e as municipais”, criticou que o presidente da Xunta trate de “evitar o debate co Partido Socialista”, cuestión que, na súa opinión, mostra como “Feijóo é cada vez máis pequeno, máis covarde”.

Podes ler a información completa no Galicia Confidencial.