A Deputación aproba unha moción para solicitar a nacionalización de Alcoa

Os socialistas apoiaron a iniciativa do BNG, pero o PP abstívose ante unha proposta que consideran "bolivariana".

Un traballador de Alcoa, na caravana que tomou Lugo contra o peche da planta de aluminio | EFE - Eliseo Trigo

O pleno da Deputación de Lugo aprobou unha moción presentada polo BNG para solicitar ao Goberno de España a nacionalización da multinacional Alcoa e salvar 534 empregos na factoría de aluminio de San Cibrao e outros 400 en empresas auxiliares, logo de que a multinacional presentase un Expediente de Regulación de Emprego (ERE). A proposta saíu adiante cos votos socialistas e nacionalistas, e a abstención do PP.

Podes ler a información completa no Xornal da Mariña.