InicioPolíticaAs redes proclaman #ByeByeFeijóo: unha campaña para denunciar a súa etapa na...

As redes proclaman #ByeByeFeijóo: unha campaña para denunciar a súa etapa na Xunta

Ás portas dunhas novas eleccións, Facebook, Twitter e Instagram acollen unha iniciativa popular para 'sacar as cores' á xestión política de Feijóo.

PUBLICADA O

Byebyefeijóo é unha campaña que vén de lanzarse nas redes co obxectivo de denunciar a xestión política de Feijóo nos seus 11 anos de goberno á fronte da Xunta de Galicia. Baixo cancelos como #byebyefeijóo, #enonvolvas, #atéaquífeijóo, #feijóomalxestor ou #stopfeijóo, esta iniciativa popular busca visibilizar a realidade galega que deixan as políticas do PPdeG “que converten Galicia nunha terra queimada que precisa un cambio urxente”, sinalan na presentación da campaña.
A través de frases curtas, Byebyefeijóo fai publicacións diarias onde expón datos da última década relacionados cos diferentes sectores económicos galego. No seu pouco tempo de vida, a iniciativa xa está tendo unha boa acollida e suma xa máis de 2.000 seguidores na súa conta de Facebook, máis de 600 en Twitter e máis de 1.400 a Instagram.
Ás portas das eleccións galegas do 12 de Xullo, esta campaña insta a mobilizar “a túa aldea, vila ou cidade” e a espallar o #Byebyefeijóo polas redes e polas xanelas e balcóns. “Que quede ben claro que non queremos catro anos máis de PP nas eleccións galegas do 2020. Desta vai!”, falan os impulsores.

ÚLTIMAS

Controlado o incendio da Fonsagrada, que afecta a 65 hectáreas

Un incendio permanece activo no concello lugués da Fonsagrada, onde ata o momento arderon un...

Investigados dous lucenses tras atopar un can abandonado que fora dado de baixa por falecemento

A Garda Civil investiga a dous veciños das localidades lucenses de Castroverde e do Corgo como supostos autores...

Conclúe a inspección da nave de Mazoi calcinada este martes e a empresa desconfía de que fose provocado: “Non sei como prende unha nave...

A Policía Científica deu por concluída este mércores a inspección da nave de reciclaxe da parroquia de...

Morre un peregrino norteamericano en Portomarín

Un peregrino faleceu este mércores no municipio lucense de Portomarín, segundo informou a Garda...