InicioPolíticaO PSOE e Vilalba Aberta rompen o seu pacto logo de once...

O PSOE e Vilalba Aberta rompen o seu pacto logo de once meses de bipartito

Os socialistas sinalan "falta de confianza" en Modesto Renda, que exercía como edil de Turismo e Comercio. O goberno perde a maioría, ao ter o PSdeG oito edís fronte aos oito do PP e dous de Vilalba Aberta.

PUBLICADA O

- Advertisement -

EFE | O goberno bipartito de Vilalba rompeu tras saltar polo aire o acordo ao que chegaran despois das eleccións municipais o Partido Socialista (PSdeG), liderado pola alcaldesa Elba Veleiro, e mais Vilalba Aberta, cuxo portavoz, Modesto Renda, asumiu as competencias en materia de Turismo e Comercio.

Tras once meses, o grupo municipal socialista informou a pasada noite a través dun conciso comunicado do cesamento de Modesto Renda como edil delegado do Turismo e Promoción do Comercio Local, como consecuencia da “perda de confianza” na súa persoa por parte da propia alcaldesa.

Ante esa situación, o Partido Socialista ofreceulle ao grupo municipal de Vilalba Aberta que asumise as competencias do edil cesado outra persoa da formación, coa idea de manter “o pacto de goberno en base aos mesmos acordos programáticos nos que foi formulado”.

“DECISIÓN UNILATERAL”

Con todo, Vilalba Aberta concluíu en asemblea rexeitar tal proposta. Segundo explican nun comunicado, “entenden finalizado o acordo de goberno co Partido Socialista logo da decisión unilateral da alcaldía de prescindir” de Modesto Renda. A formación ofrecerá na tarde deste xoves unha rolda de prensa para afondar nos motivos desta decisión.

A partir de agora, o Partido Socialista seguirá gobernando en Vilalba, dado que foi a forza máis votada e ten oito edís na corporación municipal fronte aos sete que ten o Partido Popular. Iso si, por mor da rotura do pacto, perderá a maioría no pleno, a que tiña grazas á coalición cos dous edís de Vilalba Aberta. EFE

ÚLTIMAS

Incendio nunha empresa de colchóns de Palas de Rei mobiliza un amplo operativo de emerxencias

Os servizos de emerxencias traballan na extinción dun incendio iniciado no exterior do recinto...

A Xunta só dá 10 días para consultar o expediente de Altri a 75 persoas interesadas

A Consellería de Economía e Industria recoñeceu a 75 persoas como interesadas no proxecto...

O PP lucense esixen a Tomé unha repartición “igualitaria” dos convenios da Deputación

Alcaldes e concelleiros do Partido Popular dos 67 concellos lucenses concentráronse este venres ante...

Dous detidos por estafar máis de 30.000 a unha empresa de Lugo

A Garda Civil de Lugo identificou a dous veciños de Cataluña que supostamente estafaron...