InicioPolíticaAs eleccións galegas serán finalmente o vindeiro 12 de xullo

As eleccións galegas serán finalmente o vindeiro 12 de xullo

As principais forzas da oposición en Galicia son contrarias a esta data electoral.

PUBLICADA O

- Advertisement -

EFE | O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, confirmou este luns que as eleccións galegas celebraranse o próximo 12 de xullo.

Tras unha reunión extraordinaria do seu goberno, Núñez Feijóo destacou a situación sanitaria de Galicia pola pandemia do coronavirus e defendeu que os comicios se celebren “canto antes, mellor ao principio do verán que ao final”, como defendeu a pasada semana con “informes sanitarios e xurídicos”.

Precisamente, por mor da pandemia do coronavirus as eleccións galegas previstas para o 5 de abril foron suspendidas.

PSdeG-PSOEBNG ou Galicia en Común manifestáronse en contra da data electoral, ao entender que non se dan as garantías sanitarias. Entre as forzas progresistas, só En Marea, que renunciara a presentarse en abril, amosouse a favor de celebrar os comicios en xullo, postura que tamén mantén Ciudadanos.

Podes ler máis información no Galicia Confidencial.

ÚLTIMAS

A UNED de Lugo finaliza o curso cun aumento do 13% na súa matrícula

O Centro Asociado da UNED en Lugo acolleu este xoves a reunión ordinaria da...

Creado un punto de atención en Portomarín para dar asistencia básica e curas aos peregrinos

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, destacou a colaboración entre o seu departamento...

Condenan a 8 anos ao home que matou ao seu pai cun disparo na cabeza

C.V.V., un veciño de 49 anos, aceptou este mércores declararse culpable do asasinato con...