InicioPolíticaGato gobernará Monterroso co apoio dun único edil tras a ruptura de...

Gato gobernará Monterroso co apoio dun único edil tras a ruptura de acordo co PSOE

É a segunda crise do goberno local en tan só dez meses, logo dos desencontros no propio grupo político co que o alcalde se presentara ás eleccións municipais.

PUBLICADA O

- Advertisement -

EFE | O alcalde de Monterroso, Antonio Gato Soengas, manterase á fronte do Concello co apoio dun único concelleiro, Xavier Vázquez —de Compromiso por Galicia—, tras a segunda crise de goberno en tan só dez meses.

En agosto, Gato Soengas rompeu co seu propio grupo político, Independentes por Monterroso, co que concorrera aos comicios municipais. Agora, prodúcese unha nova ruptura, neste caso co PSOE, con cuxos representantes chegara a un acordo para manter a gobernabilidade do Concello.

Esta segunda crise orixinouse logo de que Gato Soengas cesara por decreto os dous tenentes de alcalde do Partido Socialista e presentar unha terceira edila a súa renuncia.

ÚLTIMAS

Segue a busca da octoxenaria desaparecida en Lugo

A Policía Nacional de Lugo continúa dirixindo o operativo de procura de Isaura, de...

A Deputación de Lugo aproba a licitación para polígono da Fonsagrada, por máis de 2,6 millóns de euros

A Deputación de Lugo deu un paso decisivo para dotar á Fonsagrada de chan...

A UNED de Lugo finaliza o curso cun aumento do 13% na súa matrícula

O Centro Asociado da UNED en Lugo acolleu este xoves a reunión ordinaria da...