InicioPolíticaSáenz de Santamaría recibe a aclamación dos populares de Lugo

Sáenz de Santamaría recibe a aclamación dos populares de Lugo

A exvicepresidenta amosou aura de poder entre os curiosos e forte soporte de cargos e fieis da formación

PUBLICADA O

- Advertisement -

Pablo Casado foi o primeiro dos candidatos a presidir o Partido Popular que visitou Lugo. Con todo, de pouco lle serviu a présa por persuadir aos militantes da zona, máis motivados pola presencia de Soraya Sáenz de Santamaría. A exvicepresidenta e man executora de Mariano Rajoy fixo unha demostración de forza tendo en conta a dimensión da formación na cidade; nin a convoatoria a última hora ou algún convite esquecido impediron que enchera o cuartel xeral do partido.

Soraya Sáenz de Santamaría, candidata á presidencia do Partido Popular, en Lugo | Óscar Bernárdez
Soraya Sáenz de Santamaría, candidata á presidencia do Partido Popular, en Lugo | Óscar Bernárdez

 

A atención mediática foi outra e a curiosidade dos viandantes tamén. O labor de goberno de Santamaría impón no espírito dos comúns, que polas rúas freaban con xesto serio perante o paso da outrora responsable da intelixencia española. Nada que ver coa expresión da protagonista, ou dunha Fátima Báñez que disimulaba cun sempiterno sorriso o seu segundo plano. A comitiva fixo un pequeno percorrido dende os soportais da Praza Maior cara o Mesón de Alberto, onde comeron con Miguel Tellado, José Manuel Barreiro, Elena Candia e Antonio Ameijide.

Soraya Sáenz de Santamaría, candidata á presidencia do Partido Popular, en Lugo | Óscar Bernárdez
Soraya Sáenz de Santamaría, candidata á presidencia do Partido Popular, en Lugo | Óscar Bernárdez

Xa pola tarde, a acción trasladábase á sede provincial do Partido Popular. Na entrada do edificio estaban apostadas radios e teles, que tiveron tempo de comentar case todo. Barreiro foi de novo o primeiro en presentarse, nunha demostración de autonomía política e coñecemento do rueiro. Trascenderon detalles da copiosa comida, fartura da que Casado non chegou a desfrutar o pasado sábado. Santamaría si comprendeu a importancia do xantar na cultura local, e permitiuse o saudable pracer de achegarse camiñando dende o casco vello.

Soraya Sáenz de Santamaría, candidata á presidencia do Partido Popular, e Elena Candia, presidenta provincial da formación, en Lugo | Óscar Bernárdez

No interior tocou canutazo, coa candidata arrodeada de micrófonos, grabadoras e cámaras de gran calibre. Outra vitoria momentánea para Santamaría sobre o seu precedente de cara a convencer aos 1.400 inscritos na agrupación de Lugo. A provincia será unha das máis mobilizadas de cara ás estrafalarias primarias populares, e a segunda de Galicia. Tellado e Candia escenificaron o seu apoio á candidatura, xesto que Santamaría devolveu, salientando en especial a experiencia de Candia nas primarias que a converteron en presidenta provincial. O partido entra nunha dimensión descoñecida.

ÚLTIMAS

Acepta 10 anos de prisión por dúas violacións, pero só cumprirá seis meses antes de ser expulsado do país

Un home de nacionalidade colombiana confesou este xoves na Audiencia Provincial de Lugo ser...

Detido en Lugo por apuñalar a outro home tras unha discusión na rúa

A Policía Local de Lugo detivo a un home por apuñalar cunha navalla a...

Toma posesión a nova presidenta da Audiencia Provincial de Lugo

A maxistrada Sandra María Piñeiro Vilas tomou este xoves posesión como presidenta da Audiencia...

A Policía detén dous homes por presunta violencia machista en dous días consecutivos

A Policía Local de Lugo detivo o domingo e o luns a dous homes...