InicioPolíticaO PP cre que Lara Méndez tomou "a peor decisión" ao renunciar...

O PP cre que Lara Méndez tomou “a peor decisión” ao renunciar ao parador en San Fernando

Insisten en que a alternativa da Xunta é máis completa, ao asegurar que non sería incompatible co Museo da Romanización sobre o que a alcaldesa dixo que se ía construír "si ou si".

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os candidatos do Partido Popular ao Parlamento de Galicia pola provincia de Lugo, José Manuel Balseiro e Ramón Carballo, consideran que a alcaldesa, tomou “a peor decisión” ao renunciar á creación dun parador turismo en San Fernando. Segundo eles, esa infraestrutura sería perfectamente compatible coa posta en marcha do Museo da Romanización.

Acúsana de “apostar pola unilateralidade e o bloqueo”, logo de que a rexedora municipal anunciase que o Museo da Romanización se ía construír “si ou si”. Asemade, os populares agradecen que con esta decisión lles “dea a razón”. “Nós sempre dixemos que se a alcaldesa quería crear o Museo da romanización en San Fernando podía facelo cando quixera, porque o cuartel é un edificio de titularidade cen por cen municipal, pero si quere o apoio dunha administración gobernada polo PP, o lóxico é que admita que nós temos un modelo alternativo e acepte que temos dereito a debatelo”.

A alcaldesa, Lara Méndez, manifestara que agora é o momento de que a Xunta aclare se vai investir ou non os 10 millóns prometidos.

+ posts

ÚLTIMAS

Candia, alcaldesa de Lugo: o PP volve despois de vinte e sete anos cunha moción de censura polémica

A ata agora portavoz local do PP, tamén líder do partido na provincia, Elena...

Eliminar carril bici, máis aparcadoiros e “un San Froilán para todos”, entre as prioridades de Candia

A nova alcaldesa de Lugo, Elena Candia, presentou nos primeiros minutos de mandato un...

Elena Candia, da alcaldía de Mondoñedo á de Lugo pasando pola Deputación

De rexer unha capital de provincia (do antigo Reino de Galicia, iso si) a...

Ferraz acusa ao PP de usar a una “tránsfuga” para hacerse con la alcaldía de Lugo

A dirección federal do PSOE reprochou ao líder nacional do PP, Alberto Núñez Feijóo,...