Patricia Otero encabezará a lista do PSdeG nesta provincia

A dirección socialista galega anuncia cambios á lista presentada pola dirección provincial.

Patricia Otero, secretaria xeral do PSdeG de Lugo / twitter Patricia Otero

O PSOE provincial de Lugo propuxo unha lista encabezada pola súa secretaria xeral, a que fora deputada na última lexislatura Patricia Otero, que xa foi confirmada como número un da lista que proporá a dirección galega.

Ademais de Otero, figuran no documento enviado á executiva galega por orde alfabética Carmen Álvarez Álvarez, Luís Álvarez, Juan Díaz Valiño, Marina Doutón Rajo, Carlos García Rivera, Daniel Gómez Fernández-Camiñas, Jaime González del Río, Marta López Abeledo, José Manuel López Torre, Marina Ramudo Graña, Marisol Rey Yáñez, Rosana Rielo Rozas, Pilar Roca Núñez e Marta Rouco Seoane.

Por esta provincia, a única na que a dirección provincial non inclúe os nomes ordenados xa de forma numérica para ocupar os postos, a dirección galega confirmou que incluirá na lista en postos de saída ao catedrático de Enxeñaría Vexetal Manuel Marey. De feito, aínda persisten as diferencias entre a dirección provincial e a dirección galega e é probable que Caballero acabe modificando parte desa lista. Unha situación que tamén se repetirá noutra provincia.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here