José Manuel Barreiro aposta por Feijóo para as autonómicas: “A Galicia foille moi ben con el”

O senador lucense rexeita a proposta de Ciudadanos para Galicia ao asegurar que a unidade do centro dereita xa se "cumpre" no "PPdeG".

Pablo Casado releva ao lucense José Manuel Barreiro como voceiro no Senado | Óscar Bernárdez
O senador lucense José Manuel Barreiro (PP) | Óscar Bernárdez

O voceiro adxunto do PP no Senado, José Manuel Barreiro, mostrouse partidario de que o líder dos populares galegos, Alberto Núñez Feijóo, opte de novo a ser o candidato do PP á Xunta. “É o activo máis importante do PPdeG”, asegurou Barreiro.

“A Galicia foille moi ben con Feijóo”, sostivo o senador popular. “É unha persoa que demostrou que sabe defender os intereses de todos os galegos e Galicia evolucionou dunha forma moi positiva nestes anos da súa presidencia”, destacou.

CIUDADANOS

Respecto da proposta de Ciudadanos de forxar alianzas cos populares no País Vasco, Cataluña e Galicia, asegurou que esa “unidade do centro dereita” en Galicia xa se “cumpre” ao redor do PPdeG e de Núñez Feijóo. “Non tería ningún sentido abordar esa circunstancia”, chantou.

Podes ler a información completa no Galicia Confidencial.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here