InicioPolíticaA presidenta do PP de Lugo avoga por que Feijóo opte a...

A presidenta do PP de Lugo avoga por que Feijóo opte a un cuarto mandato

PUBLICADA O

- Advertisement -

 

A presidenta provincial do PP de Lugo e alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia, reivindicou este martes a figura do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e “aposta” porque o actual líder dos populares galegos opte a un cuarto mandato nas próximas eleccións autonómicas deste 2020.

“Desde o PP de Lugo apostamos clara e decididamente polo presente, polo seu traballo durante estes anos e polo seu compromiso co proxecto político da nosa provincia”, sentenciou, na liña do manifestado en días pasados por outros dirixentes populares como o secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, e do vicepresidente da Xunta e presidente provincial do PP de Pontevedra, Alfonso Rueda.

Candia subliñou a “capacidade de xestión, enorme liderado, e a moderación” do dirixente dos Peares.

“En definitiva, todo o PP de Galicia identifica a Feijóo como o mellor líder que pode seguir continuando este proxecto político co que estamos comprometidos e que ten o noso apoio total e absoluto”, proclamou.

“PRINCIPAL ARIETE CONTRA A XUNTA

Candia realizou estas declaracións antes do pleno da Deputación de Lugo onde alertou de que esta institución “se está convertendo no principal ariete contra o Goberno da Xunta de Galicia”.

“Nós tentamos, sen eludir o debate, centrarnos nas cousas en que teñen responsabilidade aquí na provincia; falamos de estradas provinciais ou infraestruturas arteriais para moitos concellos”, contrapuxo.

ÚLTIMAS

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos depois

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos despois do seu último concerto nesta cidade....

Unha certificación turística permitirá protexer o ceo nocturno dos Ancares

O deputado de Medio Ambiente, Carlos López, recibiu este luns na Casa do Concello...

O TS confirma que Ana Sandamil matou a súa filla para danar a súa ex parella e pai da nena

O Tribunal Supremo (TS) confirmou a condena de prisión permanente revisable a Ana Sandamil polo asasinato,...

Extinguido un incendio forestal en Guitiriz, que afectou a 8,4 hectáreas

O incendio forestal que permanecía activo desde este domingo no municipio lucense de Guitiriz...