InicioPolíticaO PP de Lugo pide o apoio da alcaldesa para que Sánchez...

O PP de Lugo pide o apoio da alcaldesa para que Sánchez “pague a débeda” a Galicia

Do contrario, din, "sería cómplice" dese "agravio" que mantén o Goberno cos galegos e lucenses.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O portavoz do Grupo Municipal do PP de Lugo, Ramón Carballo, avanzou que os populares defenderán no pleno unha moción de urxencia dirixida a que o goberno municipal, coa alcaldesa socialista Lara Méndez á fronte, mostre o seu “apoio” á Xunta na reclamación ao Executivo que dirixe Pedro Sánchez dos 200 millóns do IVE.

“Pediremos o apoio da alcaldesa para que Sánchez pague a débeda con Galicia xa que, pola contra, sería cómplice no seu agravio cos lucenses”, sinalan os populares lucenses nun comunicado.

Carballo defendeu que é preciso declarar o apoio do Concello de Lugo á reivindicación da Xunta ante o Goberno de España para que ingrese as contías do IVE non liquidadas correspondentes ao exercicio 2017.

En canto á urxencia, o dirixente popular xustifícaa polas “inadmisibles” declaracións realizadas pola ministra de Facenda, María Jesús Montero, nas que aseguraba que “esa era unha cuestión que tocaba en 2019” e que “xa se perdeu a oportunidade de poder resarcir a débeda con Galicia”.

Nesta conxuntura, espera “unha fronte común” dos grupos da corporación lucense, xa que o impacto desta decisión do Goberno central “afecta directamente ao financiamento autonómico e pode supor unha perda de recursos para os veciños” do municipio.

ÚLTIMAS

Candia esixe ao goberno de Lugo que actúe ante os conflitos que se orixinan nos locais do lecer da rúa Tui

O barrio da Milagrosa de Lugo rexistrou esta fin de semana un novo incidente...

Detido en Lugo un home que quedou cunha menor de idade a través dunha aplicación de citas

A Policía Nacional detivo en Lugo a un home que foi sorprendido o pasado día 3...

Identificados catro almerienses por presuntamente estafar 4.500 a un empresario lucense por Internet

A Garda Civil de Lugo identificou a catro veciños de Almería por supostamente estafar 4.500 euros...

Incendio nunha empresa de colchóns de Palas de Rei mobiliza un amplo operativo de emerxencias

Os servizos de emerxencias traballan na extinción dun incendio iniciado no exterior do recinto...