InicioPolíticaO BNG lanza a precampaña electoral e o PP de Lugo acúsao...

O BNG lanza a precampaña electoral e o PP de Lugo acúsao nas redes de copiarlle o slogan

"A campaña de Ana Pontón é tan sisuda que se baseou nun Ctrl+C e Ctrl+V do PP", aseguran na súa conta oficial de Twitter.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Bloque Nacionalista Galego (BNG) vén de lanzar a candidatura de Ana Pontón á presidencia da Xunta de Galicia nun acto no que tamén presentaron o seu slogan de precampaña: ‘Galiza en marcha’. A frase escollida foi criticada nas redes sociais polo PP de Lugo, que acusa os nacionalistas de copiar un lema de seu.

“A campaña de Ana Pontón é tan sisuda que se baseou nun Ctrl+C e Ctrl+V do PP”, compartía na conta de Twitter o grupo municipal do PP. Acompañaban o chío cunha imaxe na que se podía observar un lema usado polos populares lucenses, moi similar ao que agora elixiu o BNG: ‘Lugo en marcha’.

Non obstante, a pesar das críticas do PP e do seu afán por apropiarse desta frase, cómpre lembrar que esta é unha estrutura moi manida en diversas campañas: dende o ‘España en marcha’ de Ciudadanos nas pasadas eleccións de novembro ata o ‘Republique En Marche!’, o partido do francés Emmanuel Macron.

ÚLTIMAS

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos depois

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos despois do seu último concerto nesta cidade....

Unha certificación turística permitirá protexer o ceo nocturno dos Ancares

O deputado de Medio Ambiente, Carlos López, recibiu este luns na Casa do Concello...

O TS confirma que Ana Sandamil matou a súa filla para danar a súa ex parella e pai da nena

O Tribunal Supremo (TS) confirmou a condena de prisión permanente revisable a Ana Sandamil polo asasinato,...

Extinguido un incendio forestal en Guitiriz, que afectou a 8,4 hectáreas

O incendio forestal que permanecía activo desde este domingo no municipio lucense de Guitiriz...