O primeiro tramo da autovía Lugo-Monforte estará listo no 2022

Correspóndese co intervalo resultante do desdobramento do corredor entre Sarria e A Pobra de San Xiao.

Corredor Lugo-Sarria-Monforte | Arquivo

A Xunta de Galicia avanzou esta mañá que o primeiro tramo da autovía Lugo-Monforte estará listo en xuño de 2022. Correspóndese co desdobramento do corredor C.G 2.2 entre A Pobra de San Xiao e Sarria, unha vella demanda dos usuarios pola perigosidade desta vía e o alto tráfico que acumula.

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, anunciou esta mañá en Lugo que a obra saíra hoxe mesmo a licitación, de maneira que agardan que o inicio das obras non se demore máis alá de xuño deste mesmo ano. O prazo de execución será de 24 meses, unha vez formalizado o contrato.

Á súa vez, comunicaron que será a primeira autovía que teña valo reforzado para evitar os accidentes dos xabaríns. Podes ler a información completa no Xornal de Lemos.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here