InicioPolíticaBalseiro, sobre a intermodal: "O convenio debería estar asinado. Non sei que...

Balseiro, sobre a intermodal: “O convenio debería estar asinado. Non sei que lle miran Adif e o Concello”

A Xunta acusa o goberno local e o Ministerio de Fomento de retrasar a propósito as obras desta estación intermodal

PUBLICADA O

- Advertisement -

EFE.- O delegado territorial da Xunta de Galicia en Lugo, José Manuel Balseiro, asegurou este martes que non existen motivos para que o Ministerio de Fomento e o Concello de Lugo non asinasen aínda o acordo a tres bandas necesario para avanzar na construción da estación intermodal da cidade, “salvo que sexa para atrasar as obras”.

En declaracións aos medios de comunicación, Balseiro lembrou que hai “xa un ano” que a Xunta de Galicia lles remitiu ao propio Ministerio e ao Concello de Lugo “o borrador de convenio”, coa particularidade de que se trata dun documento coas mesmas condicións que o asinado noutras cidades, como Ourense ou Santiago de Compostela.

“Non sei que lle están mirando Adif e o Concello de Lugo, porque o normal sería que ese convenio xa fose asinado. Sen el, non se pode facer nada, porque é o documento que determina formalmente que ten que facer cada unha das administracións no proxecto da intermodal”, sostivo o delegado da Xunta.

“Noutras cidades”, as estacións intermodais están “xa en obras”, grazas aos acordos asinados con gobernos locais de diferente cor política, dixo Balseiro, quen asegura que este atraso ten difícil explicación. “Salvo que sexa para atrasar as obras”, insistiu.

ÚLTIMAS

Mochilas sensorias neurodiverxentes nos Museos de Lugo

Os museos provinciais --Museo Provincial de Lugo, Museo do Mar de San Cibrao, Museo...

Obradoiros de coiro, cerámica e teares para celebrar os ‘Días Europeos da Artesanía’

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo, a través da área de Artesanía, súmase á...

Coñecemos á ‘Galiartesá’, Pepa Lombao, oleira de Bonxe

O Galicia Confidencial presenta a serie 'Galiartesáns e galiartesas' coa que procura visibilizar diferentes oficios artesáns...

O Concello de Lugo defende que os recursos empregados no Ceao foron “suficientes”

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Ana González Abelleira, saíu ao paso das...