InicioPolíticaO PSdeG acusa a Feijóo de "atrancar" os grandes proxectos de Lugo

O PSdeG acusa a Feijóo de “atrancar” os grandes proxectos de Lugo

"Pode haber un atraso, que todos podemos entender como normal, pero que 20 anos despois estea sen concluír...", censurou Lara Méndez sobre o plan Paradai.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os socialistas galegos acusaron ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, de “atrancar” e “meter nun caixón” os grandes proxectos comprometidos coa cidade de Lugo, urbe coa que o Goberno galego “non cumpre”. Así o denunciou este venres o xefe de filas dos socialistas galegos, Gonzalo Caballero, quen visitou a cidade en compañía da alcaldesa, Lara Méndez, así como doutros cargos socialistas.

“Hoxe estamos aquí para pór un exemplo de como a falta de compromiso da administración autonómica impide, cando non desenvolve o plan Paradai, a posibilidade de ter unha cidade máis urbanizada, máis conectada, con máis calidade de vida”, manifestou Gonzalo Caballero.

Na súa intervención, o dirixente socialista acusou a Feijóo de meter “nun caixón” grandes proxectos como “a Rolda Este, o Museo da Romanización no Cuartel de San Fernando e o Plan Paradai”. “Feijóo atranca e non desatasca os grandes compromisos e impide que os veciños de Lugo teña avances e poidan vivir nunha cidade cada vez máis cómoda, urbanizada e con máis servizos sociais”, apuntou.

Fronte a iso, deixou claro o compromiso dos socialistas galegos coa cidade. “Cando os veciños decidan nas urnas que haxa un goberno socialista na Xunta, teremos un claro compromiso con esta cidade”, apuntou.

LARA MÉNDEZ

Pola súa banda, a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, citou o caso do Plan Paradai para lamentar que, despois de 20 anos, “estea aínda en concurso”. “Pode haber un atraso, que todos podemos entender como normal, pero que 20 anos despois estea sen concluír…”, censurou a rexedora.

“As cidades son dinámicas, non podemos estar 20 anos requirindo o financiamento dos mesmos proxectos cando xa hai eses compromisos adquiridos. Por tanto, as palabras de Feijóo xa non valen nada”, manifestou Méndez.

+ posts

ÚLTIMAS

O PP de Lugo acusa ao PSOE de manter a Tomé para non perder o goberno da Deputación

O voceiro provincial do PP de Lugo, Antonio Ameijide, acusou o PSOE de “seguir...

O PSdeG critica que só catro das 25 novas residencias anunciadas pola Xunta se situarán na provincia de Lugo

O PSdeG pediulle á Xunta que revise o reparto territorial do seu novo plan...

A Deputación de Lugo pide máis profesorado e apoio a residencias co voto contrario do PPdeG

O pleno ordinario da Deputación de Lugo celebrado este martes tivo como unha das...

O Caudal Fest xa quenta motores para o 2027: confirmada La Oreja de Van Gogh

Caudal Fest segue a dar forma á edición de 2027 e faino agora coa...