InicioPolíticaO Concello de Lugo aparta do cargo á xefa de persoal por...

O Concello de Lugo aparta do cargo á xefa de persoal por “mala praxe” na súa xestión

"Destácanse cambios frecuentes de criterios inxustificados, informes inconclusos ou confusos e mesmo expedientes dos que non se ten constancia da súa fiscalización", concretou Paula Alvarellos, concelleira de Gobernación.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A concelleira de Gobernación do Concello de Lugo, Paula Alvarellos, anunciou, tras a Xunta de Goberno Local, que se decidiu apartar do cargo á xefa de persoal por “cumprimento inadecuado das súas funcións”.

Alvarellos precisou que o cesamento, que se comunicará este mércores, está motivado “por varios informes de intervención, do secretario e do órgano asesor da Xunta de Goberno Local nos que se sostén, que a xestión en materia de persoal foi inexistente ou aínda peor desenvolvida de forma desatinada, aleatoria e moitas veces inxustificada”.

Estes informes foron elaborados tras “detectarse mala praxe na xestión de persoal sen que se puidese verificar cos expedientes presentados pola xefatura dese servizo que se axustaban á realidade, creando incertezas xurídicas non só inapropiadas senón que podían situar o Concello ante feitos de difícil resposta”, explicou.

Unha vez avaliada “toda a información nas conclusións finais dos informes, tanto de intervención, como do secretario, como do órgano asesor da Xunta de Goberno, destácanse cambios frecuentes de criterios inxustificados, informes inconclusos ou confusos e mesmo expedientes dos que non se ten constancia da súa fiscalización”, concretou Alvarellos, sobre esta funcionaria, que entrou en 1996 baixo o goberno do popular Joaquín María García Díez, e á que agora se separa da xefatura de persoal e que dispón de dez días para presentar alegacións.

Alvarellos, que é avogada de profesión, manifestou que, de momento, “non se advertiu a existencia dun delito aínda que se se confirma no devir da investigación (por parte do Concello) actuaríase”.

PROXECTOS

Pola súa banda, o primeiro tenente de alcalde, o nacionalista Rubén Arroxo, anunciou a adxudicación “de dous proxectos que ían incluídos no suplemento de crédito (que se pediu en setembro)”. “Por unha banda o plan de sinalización horizontal, que vai dividido en catro lotes, cun custo total de 1.087.904 euros e un prazo de execución de catro meses”, sinalou.

A outra “actuación”, engadiu, versa sobre “a ampliación do cemiterio de San Froilán, que ten un custo de 442.152 euros e tamén ten un prazo de execución, unha vez adxudicada, de seis meses”.

ÚLTIMAS

Arden varios colectores de madrugada na cidade de Lugo

Varios colectores arderon na madrugada deste mércores na Estrada da Granxa, na cidade de...

Ángel Pérez, novo alcalde de Guntín con 27 anos

O pleno do Concello de Guntín elixiu na tarde deste mércores como o seu...

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos depois

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos despois do seu último concerto nesta cidade....

Piden a absolución dun mozo de Vilalba acusado de violar á súa ex parella menor de idade

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo acolleu este martes a celebración do...