InicioPolíticaPP e PSOE repartiríanse os escanos en Lugo, segundo as primeiras enquisas

PP e PSOE repartiríanse os escanos en Lugo, segundo as primeiras enquisas

PUBLICADA O

As primeiras enquisas a pé de urna confirman o que xa apuntaban os estudos demoscópicos da pasada semana e o que xa avanzou o Galicia Confidencial esta fin de semanaa caída de PSOE e Podemos e a suba de PP e Vox.
En Lugo, os catro escanos en xogo, como nas eleccións de abril, repartirianse entre o PP e o PSOE. En Galicia a situación sería semellante tanén a de hai sete meses, coa diferenza de que hai un escano en xogo que podería ir, ou ben para a ultradereita de Vox, ou ben para o BNG. Así, un inquérito de GAD3 para a Forta e TVE apunta a un empate a dez escanos entre PP e PSOE, En Común Unidas Podemos mantería os seus dous e Vox e o BNG competirían por unha acta. Cs, pola súa banda, afundirase en Galicia.
A enquisa de Sondaxe para La Vox repite os mesmos resultados coa salvedade de que neste estudo demoscópico o deputado que perde o PSOE en Galicia iría para Vox e non para o BNG.

ÚLTIMAS

Segue a busca da octoxenaria desaparecida en Lugo

A Policía Nacional de Lugo continúa dirixindo o operativo de procura de Isaura, de...

A Deputación de Lugo aproba a licitación para polígono da Fonsagrada, por máis de 2,6 millóns de euros

A Deputación de Lugo deu un paso decisivo para dotar á Fonsagrada de chan...

A UNED de Lugo finaliza o curso cun aumento do 13% na súa matrícula

O Centro Asociado da UNED en Lugo acolleu este xoves a reunión ordinaria da...