InicioPolíticaA apertura do auditorio de Lugo podería ter un novo atraso para...

A apertura do auditorio de Lugo podería ter un novo atraso para a súa apertura

No informe elaborado polos técnicos municipais, aclara, faise “fincapé na necesidade de que a área de Arquitectura comprobe a adaptación da obra executada ao proxecto aprobado, como paso previo á entrega do inmoble.

PUBLICADA O

A esperada apertura do novo auditorio de Lugo, cuxa obra civil leva anos acabada despois dun investimento que se aproximou aos 20 millóns de euros, podería atrasarse de novo como consecuencia da diferenza de criterio técnico entre o Concello da capital lucense e da Xunta de Galicia, que financiou as obras.
A alcaldesa da cidade, Lara Méndez, informou de que lle remitiu un escrito á conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, coas indicacións técnicas que recolle un informe municipal para axilizar a entrega do auditorio ao Concello de Lugo por parte da Xunta de Galicia. Ese informe municipal, explica o goberno local, “incide en que houbo modificacións no deseño inicial que obrigan á Xunta de Galicia a presentar “un proxecto refundido que debe validar o servizo de Arquitectura” municipal.
No informe elaborado polos técnicos municipais, aclara, faise “fincapé na necesidade de que a área de Arquitectura comprobe a adaptación da obra executada ao proxecto aprobado, como paso previo á entrega do inmoble”. A administración local afirma que tivo “coñecemento de que o edificio sufriu varias modificacións, que cambiaron considerablemente o deseño inicialmente aprobado”, e que “non foron informados polos servizos municipais”.
A ese requisito, que o Concello de Lugo considera “indispensable”, a Xunta de Galicia tería que achegar outros documentos para formalizar o acto de entrega, como a acta de recepción definitiva ou o certificado final de obra. A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, lamentou que a conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, non contestase aínda a dúas cartas enviadas en xuño, nas que poñía os servizos municipais á súa disposición para verificar a entrega das obras.
+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

‘Arredor do Té’, conversas sobre o pobo saharauí chega a Lugo

A Área de Política Social, Maiores, Migración, Muller e Conciliación do Concello de Lugo...

Condenado a un ano de cadea por maltratar á súa parella mais queda eximido de violación

A Audiencia Provincial de Lugo condenou a un ano de cárcere a un home...