- Advertisement -
Cristian González Nogueira será o cabeza de lista de Vox ao Congreso por Lugo nas eleccións xerais do próximo 10 de novembro, o único ‘número un’ á Cámara baixa que a formación cambia con respecto ás listas do 28 de abril.
A diferenza das listas para o Congreso, Vox si cambiou a maioría dos seus cabezas de lista ao Senado polas provincias galegas, de forma que só mantén ao ‘número un’ por Lugo, Antonio Miguel Gálvez.