InicioLugo e contornaLugoO bipartito de Lugo defende a súa xestión e o PP ve...

O bipartito de Lugo defende a súa xestión e o PP ve un goberno “caro e ineficaz”

O portavoz do PP, Ramón Carballo, asegura que estes cen primeiros días do bipartito foron "un tempo perdido para os lucenses".

PUBLICADA O

- Advertisement -

Goberno local e oposición fixeron balance dos cen primeiros días do bipartito de Lugo, con conclusións moi dispares, porque mentres a alcaldesa, Lara Méndez, fai unha lectura moi positiva” destes meses de convivencia co BNG, do mesmo xeito que o seu tenente alcalde, Rubén Arroxo, o portavoz do PP, Ramón Carballo, asegura que foi “un tempo perdido para os lucenses“.

Segundo Lara Méndez, neste tres primeiros meses “a estabilidade do goberno” permitiu “sacar adiante moitas iniciativas que xa estaban consignadas nos orzamentos de 2018, ademais de iniciar “moitos proxectos que xa estaban avanzados” e que só precisaban de “unha partida económica para materializalos”.

“Hai só unhas semanas que esta Alcaldía presentou unha incorporación de remanentes superior aos dez millóns de euros, cos que agora se realizarán obras que anunciamos hai tempo, como a humanización de Quiroga Ballesteros ou mesmo a execución dunha partida de máis dun millón de euros para mellorar a sinalización viaria da cidade”.

Na mesma liña, insistiu en que son obras “comprometidas desde hai tempo”, pero “foi nestes primeiros cen días de mandato” cando realmente o goberno local puido polas en marcha.

Pola súa banda, o tenente de alcalde, Rubén Arroxo, aclarou que “as accións” dos nacionalistas no goberno bipartito responden o programa de goberno co que o BNG se presentou ás eleccións e ás demandas maioritarias dos veciños”.

Arroxo destacou “a boa sintonía de traballo dentro do equipo de goberno e os avances que se deron en pouco tempo nalgunhas cuestións como a mesa de mobilidade, o desbloqueo de diferentes accións conxuntas coa Xunta de Galicia ou o arranxo do aparcadoiro municipal do HULA“.

“As veciñas e veciños de Lugo déronnos unha representación ampla na corporación para que, dentro do goberno, activásemos o Concello. Iso é o que estamos a tratar de facer desde a nosa chegada”, engadiu.

Con todo, o portavoz do Partido Popular, Ramón Carballo, considera que eses cen primeiros días de goberno municipal foi “un tempo perdido” para os lucenses e o bipartito revelouse como un “goberno caro e ineficaz“.

Desde o seu punto de vista, por mor do sucedido neste tres primeiros meses, “neste mandato sufriremos diferentes capítulos de desencontros e contradicións entre” os dous socios do bipartito, porque de momento “dedicaron máis tempo a fotografías e a vixiarse entre eles” que a “novas propostas” para a cidade.

Mal imos con este triunfalismo do goberno local. Deberían ser máis humildes e deixar de mirar con desconfianza ao único grupo que busca liñas de acordo e cooperación, pondo encima da mesa propostas efectivas e reais, como vimos demostrando nos plenos”, resolveu. EFE

ÚLTIMAS

O Colexio de Arquitectos de Galicia presenta alegacións ao proxecto de Altri en Palas e pide máis información

O Colexio oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) acordou presentar alegacións ao Estudo de...

O vello profesor Xesús Alonso Montero volta ao seu instituto de Lugo para unha gran homenaxe

O destacado escritor, lingüista, profesor e ex presidente da Real Academia Galega (RAG), Xesús...

O BNG urxe ao Ministerio de Transportes realizar actuacións na N-6 ao seu paso polos concellos lucenses

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, rexistrou varias iniciativas na cámara baixa...

Investigados dous lucenses tras atopar un can abandonado que fora dado de baixa por falecemento

A Garda Civil investiga a dous veciños das localidades lucenses de Castroverde e do Corgo como supostos autores...