InicioPolíticaLugo 100 MIL: A campaña para converter Lugo na cuarta cidade de...

Lugo 100 MIL: A campaña para converter Lugo na cuarta cidade de Galicia

Está a só 600 habitantes de acadar esta cifra simbólica que outorga máis recursos para a cidade.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O tenente de alcalde de Lugo, Rubén Arroxo, acompañado por outros edís do goberno bipartito, presentou este luns a campaña ‘Lugo 100 MIL’ que se pon en marcha co obxectivo de conseguir que a capital lucense supere os 100.000 habitantes, unha cifra que lle permitiría á cidade acceder a maiores ingresos por parte do Estado.

En declaracións aos medios de comunicación, Rubén Arroxo, lembrou que actualmente “Lugo está no seu máximo histórico de poboación“, dado que se atopa a “só 600 persoas de chegar aos 100.000 habitantes”.

Arroxo precisou que esta campaña se realizará “desde as áreas con máis contacto cos veciños”, dado que persegue “crear ilusión” na xente “por chegar a este obxectivo”. Niso implicaranse as áreas de Cultura, dado que desde a Concellaría de Educación traballarase a través das escolas infantís e gardarías; Participación, que buscará a implicación dos usuarios do mercado municipal; e Mobilidade, que se encargará de informar os usuarios do transporte público municipal.

“Superar a barreira dos 100.000 habitantes implicaría un maior investimento do Estado e da Xunta de Galicia, ademais de aumentar o atractivo para captar certos eventos que xeran un importante retorno económico”.

Rubén Arroxo mostrouse convencido de que, con esta campaña, que busca animar á xente que xa vive en Lugo a que se empadroe de forma oficial, a capital lucense será “a cuarta cidade de máis de 100.000 habitantes do territorio galego”.

ÚLTIMAS

Incendio nunha empresa de colchóns de Palas de Rei mobiliza un amplo operativo de emerxencias

Os servizos de emerxencias traballan na extinción dun incendio iniciado no exterior do recinto...

A Xunta só dá 10 días para consultar o expediente de Altri a 75 persoas interesadas

A Consellería de Economía e Industria recoñeceu a 75 persoas como interesadas no proxecto...

O PP lucense esixen a Tomé unha repartición “igualitaria” dos convenios da Deputación

Alcaldes e concelleiros do Partido Popular dos 67 concellos lucenses concentráronse este venres ante...

Dous detidos por estafar máis de 30.000 a unha empresa de Lugo

A Garda Civil de Lugo identificou a dous veciños de Cataluña que supostamente estafaron...