InicioPolíticaMarta Rivera de la Cruz, a lucense que preferiu facer política en...

Marta Rivera de la Cruz, a lucense que preferiu facer política en Madrid e non en Lugo

Esta escritora accedeu ás Cortes por Madrid e pola Coruña, pero nunca se presentou pola nosa provincia. Agora será a nova conselleira de Cultura e Turismo na comunidade madrileña.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A viaxe política de Marta Rivera de la Cruz levouna por lugares ben distintos ao que a viu nacer. Esta escritora lucense é unha figura relevante dentro do cadro de Ciudadanos, pero as súas responsabilidades pouco teñen que ver coa provincia de Lugo. Logo de acceder ás Cortes por Madrid e logo pola Coruña, vén de confirmarse que será a nova Conselleira de Cultura e Turismo na comunidade madrileña.

Así pois, Marta Rivera renunciou á súa acta como deputada pola provincia da Coruña logo de presentárselle a oportunidade de desempeñar un cargo na Comunidade de Madrid, ao que se dedicará en exclusividade.

A formación laranxa xa avanzaba esta fin de semana que sería Rivera de la Cruz quen ocupase este posto. Podes ler a información completa no Galicia Confidencial.

ÚLTIMAS

Ángel Pérez, aos seus 28 anos, perfílase para substituír a María José Gómez na alcaldía de Guntín

Ángel Pérez, concelleiro de Deportes de Guntín, perfílase para substituír a María José Gómez...

O BNG denuncia a situación da sanidade pública na Fonsagrada: atención telemática a maiores e prazas sen cubrir

A deputada do BNG no Parlamento, Olalla Rodil, presentou unha serie de iniciativas para denunciar a situación...

Denunciados unha ducia de condutores en Lugo por alcoholemia positiva, un deles por cuadriplicar a taxa máxima

A Policía Local de Lugo denunciou este fin de semana a unha ducia de condutores que...

A circulación entre a rúa Armañá e a Praza de Santo Domingo estará cortada desde este martes

O Concello de Lugo informou de que, ante a necesidade de executar as canalizacións...