InicioPolíticaO PP atribúe o caso de Monterroso, onde gobernará só Antonio Gato,...

O PP atribúe o caso de Monterroso, onde gobernará só Antonio Gato, a “pelexas” entre exsocialistas

PUBLICADA O

- Advertisement -

A presidenta do PP de Lugo, Elena Candia, atribuíu a situación de Monterroso, onde gobernará só o independente Antonio Gato tras irse ao grupo de non adscritos o seu tres concelleiros, ás “pelexas” entre distintas familias socialistas, neste caso exsocialistas.

No fondo subxace o enfrontamento que manteñen desde hai anos Antonio Gato, un dos históricos do PSOE de Lugo que finalmente abandonou, con Suso Otero, exsubdelegado do Goberno e tamén una das referencias para os socialistas da provincia (quen tamén foi alcalde de Monterroso ata a súa inhabilitación, baixo as siglas de Independentes Terra do Asma).

Candia, que reivindicou que o mellor “proxecto para Monterroso” era o que encarnaba o candidato popular, deduciu que se chegou a esta situación porque a ese municipio “trasladáronse as pelexas do Partido Socialista, de exsocialistas”.

“Non por iso lle daremos unha nota de normalidade, segue sendo unha grande excepcionalidade, e cando parece que moitas cousas máis non poderían sorprendernos, pois aínda nos sorprenden”, criticou.

MOCIÓN DE CENSURA

En canto a unha eventual moción de censura, a presidenta dos populares de Lugo advertiu de que non sabe se “xuridicamente, coa nova lei para protexerse do transfuguismo“, é posible, dado que serían “precisos tres votos máis”.

“Non é fácil porque terían que unirse todas as forzas políticas para pór outro candidato”, conclúe sobre unha corporación de once; un o alcalde, tres non adscritos, tres PP, tres PSOE e uno Compromiso por Galicia.

ÚLTIMAS

A Audiencia de Lugo absolve por falta de probas a un mozo acusado de agresión sexual a dúas menores

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo absolveu a un mozo acusado de...

O PSdeG propón á alcaldesa de Burela para presidir a Deputación de Lugo tras a dimisión de Tomé

O comité provincial do PSOE por Lugo propuxo á deputada e alcaldesa de Burela...

Detidas catro persoas en Lugo que trataban de ocupar unha vivenda a través dun oco na porta

A Policía Local de Lugo interceptou o pasado domingo a catro persoas que trataban...

Detido en Lugo tras insultar e tratar de agredir aos policías que acudiron porque molestaba a clientes dun bar

Un home foi detido en Lugo tras insultar e tratar de agredir aos policías...