InicioPolíticaMartínez "non entende" o apoio do PP á disolución de Suplusa

Martínez “non entende” o apoio do PP á disolución de Suplusa

O presidente do ente mercantil defendeu o papel "importante" que cumpre o organismo e amosouse preocupado polos traballadores, cuxo futuro se está utilizando como arma de "propaganda política", di.

PUBLICADA O

- Advertisement -

EFE.- O presidente de Suplusa e alcalde de Becerreá, Manuel Martínez, indicou que “lle estraña” a decisión do PP na Deputación ao apoiar a disolución da sociedade urbanística provincial pactada polo bipartito (PSOE e BNG). Martínez asegurou que “non entende” este cambio de postura dos populares.

Nun acordo asinado este mércores por representantes dos tres partidos que conforman o organismo provincial -PP, PSdeG-PSOE e BNG-, decidiuse convocar un pleno extraordinario o próximo 12 de setembro para iniciar o procedemento “que desembocará na desaparición da entidade”. O aínda presidente de Suplusa valorou esta resolución como “unha decisión política” que non quixo cuestionar, pero tamén manifestou “non entender” o apoio mostrado polo Partido Popular á mesma. “Estráñame o seu cambio de postura, pois durante estes catro anos defenderon a Suplusa e agora parece que están de acordo coa Deputación”, indicou Martínez.

DEFENDE O PAPEL DE SUPLUSA

O máximo responsable da sociedade urbanística sinalou así mesmo que a entidade ten “un papel importante que cumprir, como o mantemento das áreas verdes”. “Se non o fixese, estes espazos estarían como as estradas da Deputación, que están sen rozar no mes de agosto”, apuntou Martínez. Tamén destacou que unha entidade deste tipo “permite unha maior axilidade á administración, o que supón un beneficio para a sociedade lucense”.

QUE PASA COS EMPREGADOS?

Martínez tamén mostrou a súa “preocupación” polo futuro dos 30 traballadores da sociedade, “que traballaron con esforzo e de forma legal”. Quixo sinalar así mesmo que “se son subrogados pola Deputación non adelgazan a administración, tal e como nos queren vender desde o executivo”. “É fume, propaganda política que se enraíza na liña de criminalización de Suplusa que levaron nos últimos anos”, denunciou Martínez.

ÚLTIMAS

Investigados dous lucenses tras atopar un can abandonado que fora dado de baixa por falecemento

A Garda Civil investiga a dous veciños das localidades lucenses de Castroverde e do Corgo como supostos autores...

Declaran extinguido o incendio da Fonsagrada tras queimar 65 hectáreas

O incendio do municipio lugués da Fonsagrada quedou extinguido na tarde...

Greenfiber quere mostrar a empresarios de Lugo a achega de Altri á economía local

A sede da Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) e Cámara de Comercio de...

A muller de Lugo que denunciou á súa ex parella declara que tentaba forzala “todas as noites”

A Audiencia Provincial de Lugo acolleu este xoves o xuízo contra un home de...