InicioPolíticaO PSOE de Portomarín, sobre Feijóo: "Que non veña sacar fotos; que...

O PSOE de Portomarín, sobre Feijóo: “Que non veña sacar fotos; que anuncie compromisos firmes”

Cualifican de "inútil" a recente visita do presidente da Xunta. Pídenlle que se deixe de "retratos" e que se preocupe máis, por exemplo, polo "desastroso estado" do parque Parabéns, en cuxa remodelación se gastaron "400.000 euros de todos os galegos"

PUBLICADA O

- Advertisement -

O PSOE de Portomarín cualificou a recente visita de Feijóo á vila como “inútil”, xa que “non adquiriu nin un só compromiso” co concello, senón que se ocupou, máis ben, de sacar “retratos”. Refírense ao encontro que mantivo o presidente da Xunta cos usuarios dun campamento de verán no novo Parque Parabéns. Os socialistas lamentan que “veña sacar fotos” en vez de comprobar, por exemplo, o “desastroso estado” deste espazo.

A voceira do PSOE local, Silvia Rodríguez, lembrou que o premio Parabéns -polo que foi remodelado o parque en cuestión- é concedido os Concellos de Galicia para conservar, mellorar e embelecer os núcleos de poboacións por onde pasa o Camiño de Santiago. Porén, “o novo parque da vila non reúne ningún dos obxectivos deste premio”, asegura Rodríguez. “O formigón é o protagonista deste novo espazo, que se pode definir como un auténtico mamotreto”.

Así pois, a voceira socialista pregúntalle a Feijóo “se comprobou o desastroso estado no que quedou a remodelación deste parque, un espazo que non serve absolutamente para nada e onde se investiron 400.000 euros de todos os galegos”. Esta área non conta coas condicións de accesibilidade que marca a normativa, di Rodríguez, pero en vez de preocuparse por iso, Feijóo veu “sacar fotos ao noso concello”.

Pídelle que  “se deixen de retratos” e que aproveite as visitas para anunciar compromisos firmes e decididos para facer medrar a economía da vila. “Os veciños e veciñas non precisan campañas de promoción. Portomarín necesita emprego, fixar poboación e boas vías de comunicación”, concluíu.

ÚLTIMAS

Incendio nunha empresa de colchóns de Palas de Rei mobiliza un amplo operativo de emerxencias

Os servizos de emerxencias traballan na extinción dun incendio iniciado no exterior do recinto...

A Xunta só dá 10 días para consultar o expediente de Altri a 75 persoas interesadas

A Consellería de Economía e Industria recoñeceu a 75 persoas como interesadas no proxecto...

O PP lucense esixen a Tomé unha repartición “igualitaria” dos convenios da Deputación

Alcaldes e concelleiros do Partido Popular dos 67 concellos lucenses concentráronse este venres ante...

Dous detidos por estafar máis de 30.000 a unha empresa de Lugo

A Garda Civil de Lugo identificou a dous veciños de Cataluña que supostamente estafaron...