InicioPolíticaManuel Martínez di adeus á Deputación: "Marcho coa cabeza moi alta e...

Manuel Martínez di adeus á Deputación: “Marcho coa cabeza moi alta e non me arrepinto de nada”

Tras vinte anos de traballo neste organismo provincial, o alcalde de Becerreá di estar "satisfeito" co que fixo, aínda que confesa que lle tería gustado que este último mandato non fose tan convulso.

PUBLICADA O

- Advertisement -

EFE.- O alcalde de Becerreá, deputado non adscrito e fundador do partido Galicia Sempre, Manuel Martínez, dirá adeus este luns a vinte anos de traxectoria política na Deputación de Lugo. Farao nunha sesión extraordinaria que se celebra a partir das 14:00 horas e que pecha un mandato convulso no que, a pesar de ser designado no seu momento para presidir o organismo, rematou por separarse completamente do PSdG.

En declaracións a EFE, asegurou que deixa a institución provincial cun sentimento de “satisfacción”, porque “en todo momento” cumpriu “coas obrigacións dun deputado provincial, máis aló de que no último mandato se producisen “circunstancias extraordinarias e excepcionais” que derivaron no seu divorcio co Partido Socialista.

“Fíxoseme a cama por parte dos meus compañeiros dunha maneira impresentable, polo que houbo momentos desagradables e dolorosos. Aínda así, non me arrepinto de nada”, engadiu Martínez. “Marcho coa cabeza moi alta despois de vinte anos de traballo, aínda que me gustaría que esta última etapa fora doutra maneira”, lamentou.

Martínez, que foi elixido polos militantes socialistas ao principio do anterior mandato para ser presidente da Deputación, non puido tomar posesión do cargo polo veto que lle impuxo o BNG debido á súa imputación nunha causa arquivada posteriormente. Daquela, Martínez votou por si mesmo no pleno de constitución da corporación provincial e facilitou a chegada ao poder de Elena Candia, do Partido Popular.

Posteriormente, chegou a un acordo co grupo socialista e regresou á disciplina do PSdeG para asinar unha moción de censura que puxo fin ao mandato de Candia, tras catro meses como presidenta, e facilitou a formación dun novo goberno provincial, no que Martínez quedou como vicepresidente e responsable de Vías e Obras.

Coas relacións entre o propio Martínez e os seus compañeiros moi deterioradas, acabou abandonando o PSdeG por segunda vez no transcurso do pasado mandato e quedou na corporación provincial como deputado non adscrito.

DARÍO CAMPOS, TAMÉN “COA CABEZA ALTA”

Pola súa parte, o presidente da Deputación en funcións, Darío Campos, tamén asegurou que deixa o cargo “coa cabeza moi alta” e “sen facer ruído”.

ÚLTIMAS

O Colexio de Arquitectos de Galicia presenta alegacións ao proxecto de Altri en Palas e pide máis información

O Colexio oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) acordou presentar alegacións ao Estudo de...

O vello profesor Xesús Alonso Montero volta ao seu instituto de Lugo para unha gran homenaxe

O destacado escritor, lingüista, profesor e ex presidente da Real Academia Galega (RAG), Xesús...

O BNG urxe ao Ministerio de Transportes realizar actuacións na N-6 ao seu paso polos concellos lucenses

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, rexistrou varias iniciativas na cámara baixa...

Investigados dous lucenses tras atopar un can abandonado que fora dado de baixa por falecemento

A Garda Civil investiga a dous veciños das localidades lucenses de Castroverde e do Corgo como supostos autores...