As novas caras do grupo provincial do BNG na Deputación de Lugo

Mónica Freire, Efrén Castro e Maite Ferreiro serán os representantes dos nacionalistas nesta corporación

De esquerda a dereita: Mónica Freire, Efrén Castro e Maite Ferreiro, integrantes do grupo provincial do BNG na Deputación.

O BNG xa escolleu quen serán os seus representantes na Deputación da Lugo a partir da constitución da corporación provincial. Efrén Castro (Sarria), Maite Ferreiro (Lugo) e Mónica Freire (Ribadeo) serán as voces que renovarán a presenza dos nacionalistas na Deputación.

Mónica Freire, concelleira en Ribadeo, xa foi electa como deptuada do BNG polo partido xudicial de Mondoñedo. Ferreiro e Castro serán escollidos este xoves polo partido xudicial de Lugo. Aínda así, os tres membros do BNG xa mantiveron unha primeira xuntanza para asentar as liñas básicas do traballo do grupo provincial.

Maite Ferreiro Tallón é a actual concelleira responsable da Área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua no concello de Lugo e compatibilizará esta actividade coa de deputada provincial. Efrén Castro é o actual voceiro do BNG no concello de Sarria e no pasado mandato ocupouse da Tenencia de Alcaldía no seu municipio. Pola súa banda, a concelleira ribadense Mónica Freire Rancaño é responsable, no goberno municipal, das delegacións de Obras e Servicios Sociais. Ademais foi voceira do BNG no concello da Pontenova durante varios mandatos.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here