InicioPolíticaO fillo de González Capón será investido como novo alcalde este mércores

O fillo de González Capón será investido como novo alcalde este mércores

O ex rexedor faleceu o pasado luns por causa dunha enfermidade. Levaba 32 anos á fronte do goberno local

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Concello de Baralla acollerá este mércores o pleno de investidura do concelleiro popular Miguel González, que pasará a ser o novo alcalde. Trátase do fillo do ex rexedor Manuel González Capón, falecido por mor dunha enfermidade o pasado luns, tres días despois de presentar a súa dimisión.

Miguel González, quen se estreou nas pasadas eleccións como número tres da candidatura popular, será nomeado alcalde nun pleno que se celebrará ás 13.30 horas. O novo rexedor sucederá deste xeito ao seu pai, que posuía o bastón de mando desde 1987. Tamén nos comicios locais do pasado maio conseguira unha ampla maioría absoluta, con 8 dos 11 concelleiros do pleno, fronte aos dous conseguidos polo PSOE e un do BNG.

A pesar de que o tenente de alcalde, Manuel Rodríguez Vilela, quedou á fronte do Consistorio tras o falecemento de González Capón, finalmente será o fillo do exalcalde o que asumirá as rendas do goberno.

ÚLTIMAS

A UNED de Lugo finaliza o curso cun aumento do 13% na súa matrícula

O Centro Asociado da UNED en Lugo acolleu este xoves a reunión ordinaria da...

Creado un punto de atención en Portomarín para dar asistencia básica e curas aos peregrinos

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, destacou a colaboración entre o seu departamento...

Condenan a 8 anos ao home que matou ao seu pai cun disparo na cabeza

C.V.V., un veciño de 49 anos, aceptou este mércores declararse culpable do asasinato con...