InicioLugo e contornaO alcalde de Pedrafita descártase como posible candidato para dirixir o PSOE...

O alcalde de Pedrafita descártase como posible candidato para dirixir o PSOE provincial

O congreso dos socialistas de Lugo do que sairá a nova executiva celebrarase o 27 de xullo. Raposo ten "favoritos", pero non os desvela para evitar "inxerencias"

PUBLICADA O

- Advertisement -

O alcalde de Pedrafita, José Luís Raposo, descartouse para a dirección do Partido Socialista lucense e mostrou o seu desexo de que non se produzan “inxerencias” no proceso de elección do novo secretario provincial.

A xestora presidida polo secretario de Organización do PSdeG -posto que ocupa José Antonio Quiroga desde a dimisión de Álvaro Santos- comunicou a data para o congreso provincial do que sairá a nova executiva. Será o vindeiro 27 de xullo. Respecto diso, Raposo dixo que ve “ben” a decisión e puxo en valor a “axilidade” para convocar o novo congreso. “Era como solicitabamos moitos militantes, que fose áxil e que non estivese a funcionar todo o verán a xestora. As xestoras están para o que están e que convoquen o congreso canto antes”, defendeu.

O alcalde, un dos máis veteranos da provincia e o que acumula maiorías para os socialistas desde hai máis de 30 anos, avisou que “se non hai inxerencias de ningún lugar, os militantes van elixir e elixirán a persoa idónea para levar o partido na provincia o mellor posible”.

Asemade, este rexedor xa se descarta “totalmente” para liderar o partido na provincia. Escúsase no traballo que ten no concello e no que terá como deputado provincial unha vez se constitúa a formación. “Creo que hai persoas máis idóneas e máis novas ca min para darlle un revulsivo ao partido”, subliñou. Con todo, non desvela as súas preferencias, a pesar de recoñecer que ten “favoritos” para dirixir o PSOE. Raposo quere evitar que o acusen de facer inxerencias.

ÚLTIMAS

Acepta 10 anos de prisión por dúas violacións, pero só cumprirá seis meses antes de ser expulsado do país

Un home de nacionalidade colombiana confesou este xoves na Audiencia Provincial de Lugo ser...

Detido en Lugo por apuñalar a outro home tras unha discusión na rúa

A Policía Local de Lugo detivo a un home por apuñalar cunha navalla a...

Toma posesión a nova presidenta da Audiencia Provincial de Lugo

A maxistrada Sandra María Piñeiro Vilas tomou este xoves posesión como presidenta da Audiencia...

A Policía detén dous homes por presunta violencia machista en dous días consecutivos

A Policía Local de Lugo detivo o domingo e o luns a dous homes...