Morre o alcalde de Baralla Manuel González Capón, tres días despois de renunciar ao cargo

Loitaba desde hai tempo contra unha grave enfermidade.

O ex-alcalde de Baralla, Manuel González Capón / La Sexta

O ex-alcalde de Baralla, Manuel González Capón, faleceu a pasada madrugada, só tres días despois de renunciar por motivos de saúde ao cargo que desempeñou durante 32 anos.

Segundo informaron fontes do Partido Popular, aínda que o ex-alcalde levaba meses loitando contra unha grave enfermidade, a noticia do seu falecemento colleu por sorpresa a moitos dos seus compañeiros de partido, polo rápido que se produciu o fatal desenlace.

Manuel González Capón renunciou o pasado venres á Alcaldía, aínda que xa non estivo presente no salón de plenos de Baralla.

Nunha breve sesión extraordinaria, procedeuse á lectura da súa carta de renuncia, que foi aceptada pola corporación.

Estaba previsto que esta semana se celebrase outro pleno no Concello para elixir ao novo alcalde entre os membros do grupo municipal do Partido Popular.

De momento, quedou á fronte do Concello de Baralla o tenente de alcalde, Manuel Rodríguez.

O PP cultivou nas últimas eleccións locais unha esmagadora maioría absoluta, con oito dos once edís da corporación.

Manuel González Capón foi alcalde de Baralla desde o ano 1987.

Renuncia o alcalde de Baralla unha semana despois de tomar posesión do cargo

1 COMENTARIO

  1. Acaba de fallecer uno de los seres más importantes en buestra familia y eso a mí también me causa mucha tristeza. Mi más sentidas condolencias para toda la familia.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here