O PSdeG provincial reta a Gonzalo Caballero a que aclare que rumbo quere tomar en Lugo

Pedro Duque con Gonzalo Caballero, Lara Méndez, Álvaro Santos e Ana Prieto nun mitin en Lugo / PSdeG-PSOE

O portavoz do goberno provincial e secretario xeral do PSdeG na provincia de Lugo, Álvaro Santos, volveu defender hoxe a xestión realizada polo goberno de Darío Campos á fronte da Deputación de Lugo nos últimos anos e, en alusión ao líder dos socialistas galegos, Gonzalo Caballero, dixo que “se alguén quere cambiar o rumbo”, terá que explicar “cara a onde”.

Santos fixo estas declaracións á saída do pleno de investidura do Concello de Lugo, unha sesión na que tomou posesión como novo edil da corporación local da cidade.

“Fixemos un goberno neste mandato, nunha situación política anómala, no que houbo moita controversia, pero conseguimos sacar adiante grandes proxectos. Ese é o rumbo que mantivo a Deputación”, insistiu Santos.

Por iso, dixo que “se alguén quere cambiar ese rumbo, evidentemente terá que dicir cara a onde”.

En cambio, “se o que se quere é cambiar ás persoas, entón o que estamos é facendo son perchas para traxes que se están cosendo”.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here