InicioPolíticaO xulgado arquiva a denuncia do PP polos contratos caducados en Lugo

O xulgado arquiva a denuncia do PP polos contratos caducados en Lugo

"Ningunha das declaracións practicadas corroboran tal imputación", apunta a sentenza que bota abaixo todos argumentos aportados polos populares.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Xulgado de Instrución número 1 de Lugo decretou o “sobresemento provisional e arquivo” da denuncia por unha suposta prevaricación administrativa e malversación de fondos públicos presentada polo grupo municipal do Partido Popular en relación co atraso na readxudicación dos contratos caducados no Concello.

Nun auto, ao que EFE tivo acceso, o xulgado determina que “o exame do actuado non permite ter por acreditada a existencia das infraccións penais mencionadas, pois nin da documentación achegada nin das declaracións do interventor e do xefe de Contratación do órgano municipal se desprenden indicios da súa comisión”.

Na mesma liña, matiza que “ningunha das declaracións practicadas corroboran tal imputación”, dado que tanto o interventor municipal como o xefe de Contratación, aínda que recoñeceron que efectivamente se excederon con moito os prazos máximos de contratación, non se advertiu ningún tipo de conivencia nin que iso fose para favorecer a ningunha persoa ou entidade concreta”.

De feito, subliñaron que esa situación se debía á propia dinámica municipal, xa de seu lenta, á descoordinación entre os distintos departamentos e ao cambio da normativa”. Ademais, o interventor municipal precisou que, “non sendo unha situación desexable”, era “semellante á doutros concellos”.

ÚLTIMAS

Candia esixe ao goberno de Lugo que actúe ante os conflitos que se orixinan nos locais do lecer da rúa Tui

O barrio da Milagrosa de Lugo rexistrou esta fin de semana un novo incidente...

Detido en Lugo un home que quedou cunha menor de idade a través dunha aplicación de citas

A Policía Nacional detivo en Lugo a un home que foi sorprendido o pasado día 3...

Identificados catro almerienses por presuntamente estafar 4.500 a un empresario lucense por Internet

A Garda Civil de Lugo identificou a catro veciños de Almería por supostamente estafar 4.500 euros...

Incendio nunha empresa de colchóns de Palas de Rei mobiliza un amplo operativo de emerxencias

Os servizos de emerxencias traballan na extinción dun incendio iniciado no exterior do recinto...