InicioPolíticaGonzalo Caballero chancea co feudo popular de Fraga: "En Vilalba comezaba todo...

Gonzalo Caballero chancea co feudo popular de Fraga: “En Vilalba comezaba todo e alí termina todo”

PUBLICADA O

- Advertisement -

O líder do PSdeG, Gonzalo Caballero, destacou este sábado os reultados “históricos” do seu partido nas eleccións xerais, locais e europeas do 26 de maio. “O PSOE foi a forza que máis creceu, que máis avanzou, logrando máis concelleiras, máis alcaldías e liderando a Galicia máis dinámica e a Galicia urbana“, dixo durante a súa intervención no Comité Nacional do seu partido.

E como exemplo do “novo poder municipal” que, para Caballero, se abre tras a cita coas urnas do pasado mes de maio, o líder do PSdeG puxo como exemplo os municipios de Forcarei (Pontevedra) e Vilalba (Lugo), feudos históricos dos populares galegos e que pasarán a estar gobernados, previsiblemente, polas socialistas Verónica Pichel e Elba Veleiro, respectivamente.

Caballero detívose no municipio lucense de Vilalba, lugar de nacemento do expresidente da Xunta Manuel Fraga e onde o fundador de Alianza Popular “dicía que empezaba todo”. “En Vilalba empezaba todo e alí termina todo“, proclamou o secretario xeral dos socialistas galegos.

ÚLTIMAS

Arden varios colectores de madrugada na cidade de Lugo

Varios colectores arderon na madrugada deste mércores na Estrada da Granxa, na cidade de...

Ángel Pérez, novo alcalde de Guntín con 27 anos

O pleno do Concello de Guntín elixiu na tarde deste mércores como o seu...

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos depois

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos despois do seu último concerto nesta cidade....

Piden a absolución dun mozo de Vilalba acusado de violar á súa ex parella menor de idade

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo acolleu este martes a celebración do...