InicioLugo e contornaLugoJosé Tomé di estar "en sintonía" con Gonzalo Caballero e Pedro Sánchez

José Tomé di estar “en sintonía” con Gonzalo Caballero e Pedro Sánchez

Lembra que "simplemente" se puxo a disposición do partido e asegura que, por agora, non hai acordo para ir con Darío Campos nunha única candidatura.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O alcalde de Monforte en funcións, José Tome, apelou a “abrir unha nova etapa” na Deputación de Lugo que vaia “en sintonía con Pedro Sánchez e Gonzalo Caballero”, líderes federal e autonómico do Partido Socialista.

Este martes, o rexedor monfortino, que se postulou para presidir o goberno provincial en substitución do seu compañeiro de partido Darío Campos (que quere repetir), lembrou que “tamén” foi a comisión de listas do PSOE a que designou candidato á deputación de Lugo ao rexedor en funcións da Pontenova.

“Eu o que fixen foi simplemente porme a disposición do partido para que cando os órganos competentes teñan que designar aos candidatos que saiban da miña dispoñibilidade””, apuntou Tomé, que afirma que lle impulsa a “ilusión” e as “ganas”.

Creo que é necesario abrir unha nova etapa no organismo provincial, para que en sintonía co resto do partido, en sintonía con Pedro Sánchez e Gonzalo Caballero contribuír decisivamente na provincia a crear unha maioría de progreso para Galicia que sería bo para Galicia e sobre todo para a provincia de Lugo”, remarcou.

DESCARTA FENDAS NO PARTIDO

O alcalde de Monforte, que revalidou a alcaldía por maioría absoluta na segunda cidade da provincia, non cre que se vaia “fender” o partido porque haxa dous aspirantes para facerse co goberno provincial.

“Non ten por que, estas circunstancias producíronse moitas veces”, asegura, para despois insistir en que “ao final quen decide é a comisión federal de listas (do PSOE) que, por certo, fai catro anos tamén foi quen mandou a súa proposta por escrito a Lugo dicindo que Darío (Campos) era o candidato”.

En canto a confluír unidos ambos os candidatos, o monfortino sinalou que “a verdade non mo expuxeron, nin o expuxen”. “Iso non se deu polo momento pero non quere dicir que non poida darse”, remarcou.

ÚLTIMAS

Arden varios colectores de madrugada na cidade de Lugo

Varios colectores arderon na madrugada deste mércores na Estrada da Granxa, na cidade de...

Ángel Pérez, novo alcalde de Guntín con 27 anos

O pleno do Concello de Guntín elixiu na tarde deste mércores como o seu...

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos depois

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos despois do seu último concerto nesta cidade....

Piden a absolución dun mozo de Vilalba acusado de violar á súa ex parella menor de idade

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo acolleu este martes a celebración do...