InicioLugo e contornaLugoPSOE e BNG retrasan as conversas para formar goberno en Lugo

PSOE e BNG retrasan as conversas para formar goberno en Lugo

PUBLICADA O

- Advertisement -

A candidata á Alcaldía do Partido Socialista e actual alcaldesa en funcións, Lara Méndez, informou este luns de que aínda non hai “nin día nin hora” para iniciar as conversacións co BNG para a formación dun goberno estable de coalición para o próximos catro anos, con maioría absoluta no pleno local.

Aínda que estaba previsto que esas negociacións comezasen hoxe mesmo, finalmente non foi posible facer cadrar “as axendas” de ambos os partidos para convocar a primeira reunión.

“Estamos á espera de cadrar as axendas para poder sentarnos a negociar”, dixo Lara Méndez, quen tamén confirmou que o equipo de negociadores do PSdeG estará formado polo portavoz do goberno municipal, Miguel Fernández; o secretario xeral do partido na provincia, Álvaro Santos, e ela mesma.

Por parte do BNG, participarán nas negociacións o candidato á Alcaldía, Rubén Arroxo, e os concelleiros electos Álex Penas e Mayte Ferreiro

ÚLTIMAS

Falece unha persoa ao caer co seu coche ao río no centro de Sarria

Unha persoa perdeu a vida na tarde deste venres tras sufrir un grave accidente...

O Goberno adxudica o proxecto para construír 13 vivendas de aluguer alcanzable en Pedrafita do Cebreiro

Casa 47, a Entidade Estatal de Vivenda adscrita ao Ministerio de Vivenda e Axenda...

A exsocialista Reigosa volve apoiar unha enmenda do PPdeG, aínda que apoiou os orzamentos para 2026

O pleno municipal extraordinario celebrado este venres en Lugo deu o visto e prace...

O Concello de Lugo pide evitar as zonas inundables ante a crecida do Miño

O Concello de Lugo realizou este venres un chamamento á cidadanía para que evite...