InicioLugo e contornaLugoA Xunta Electoral de Lugo non sancionará a José Manuel Balseiro por...

A Xunta Electoral de Lugo non sancionará a José Manuel Balseiro por facer anuncios da Xunta na campaña electoral

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Xunta Electoral de Zona de Lugo arquivou “sen sanción de ningún tipo” as denuncias presentadas sobre “actos informativos” do delegado territorial da Xunta de Galicia, José Manuel Balseiro, nas semanas previas ás “eleccións xerais do mes de abril e ás municipais e europeas do pasado domingo”.

Segundo informou a propia Delegación Territorial da Xunta de Galicia en Lugo, ningunha das tres denuncias que foron rexistradas “durante o longo período no que estiveron vixentes as limitacións informativas” pola celebración de eleccións “concluíu con sanción”.

De feito, “mesmo nun dos casos a Xunta Electoral apoiou claramente a actuación denunciada”, porque “informar sobre un programa de Turismo da Xunta de Galicia” entra “dentro da liberdade de información” e non supón “a presentación de logros” por parte de ningún partido.

A día de hoxe, engade, “non queda ningún expediente aberto contra as informacións emitidas pola Xunta de Galicia en Lugo”. En cambio, aclara a Delegación Territorial da Xunta, si “continúa en curso un procedemento sancionador por tres denuncias interpostas contra o presidente da Deputación, o candidato socialista do Vicedo, o alcalde de Alfoz e a alcaldesa de Viveiro -do Partido Socialista- por actividades informativas non permitidas en período electoral”.

ÚLTIMAS

Investigados dous lucenses tras atopar un can abandonado que fora dado de baixa por falecemento

A Garda Civil investiga a dous veciños das localidades lucenses de Castroverde e do Corgo como supostos autores...

Declaran extinguido o incendio da Fonsagrada tras queimar 65 hectáreas

O incendio do municipio lugués da Fonsagrada quedou extinguido na tarde...

Greenfiber quere mostrar a empresarios de Lugo a achega de Altri á economía local

A sede da Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) e Cámara de Comercio de...

A muller de Lugo que denunciou á súa ex parella declara que tentaba forzala “todas as noites”

A Audiencia Provincial de Lugo acolleu este xoves o xuízo contra un home de...