InicioLugo e contornaLugoO BNG acorda abrir negociacións co PSdeG para formar goberno en Lugo

O BNG acorda abrir negociacións co PSdeG para formar goberno en Lugo

PUBLICADA O

- Advertisement -

A asemblea local do BNG, que se reuniu onte pola noite na sede provincial do partido nacionalista, acordou por unanimidade iniciar o proceso de negociación co PSdeG para explorar a posibilidade de conformar un goberno estable de coalición para os próximos catro anos.

No equipo de negociadores que se ocupará de levar as conversacións co Partido Socialista estarán o actual portavoz do grupo municipal en funcións e candidato á Alcaldía, Rubén Arroxo, así como os dous seguintes na lista que presentou o BNG para as eleccións municipais, Mayte Ferreiro e Álex Penas.

Na asemblea, os militantes nacionalistas tamén incidiron na necesidade de que se produza, no marco desas negociacións, unha repartición proporcional das concellarías e das responsabilidades de goberno no Concello de Lugo.

De feito, lembraron que neste momento o Partido Socialista só ten tres edís máis que o BNG, dado que os nacionalistas subiron a súa representación de dous a cinco concelleiros. En declaracións a EFE, Arroxo precisou que o BNG porá “a Lugo no centro de todas as decisións”, porque o que busca é “solucionar os problemas” detectados nos últimos anos para “pór a esta cidade a andar”.

“TOTAL DISPOSICIÓN” POR PARTE DO PSdeG

Despois de expresar a súa “total disposición” a formar “unha coalición de goberno” co BNG, a alcaldesa en funcións de Lugo, a socialista Lara Méndez, confirmou que as negociacións co partido nacionalista poderían iniciarse de forma inmediata. “Pode ser esta semana ou a principios da semana que vén”, confesou á alcaldesa a preguntas dos xornalistas, antes de participar nos actos de conmemoración do 175 aniversario de fundación da Garda Civil.

Imos iniciar contactos para chegar a un pacto de goberno“, dixo Lara Méndez, quen tamén precisou que os socialistas xa teñen “perfilado” o equipo que se fará cargo desas negociacións, aínda que non quixo avanzar o nome de ningún dos negociadores do PSdeG.

“A nosa disposición é total”, dixo Lara Méndez a EFE, quen se mostrou disposta “a tender pontes” e “a tender a man para buscar esa estabilidade” que é necesaria para o “desenvolvemento” da cidade de Lugo.

ÚLTIMAS

A UNED de Lugo finaliza o curso cun aumento do 13% na súa matrícula

O Centro Asociado da UNED en Lugo acolleu este xoves a reunión ordinaria da...

Creado un punto de atención en Portomarín para dar asistencia básica e curas aos peregrinos

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, destacou a colaboración entre o seu departamento...

Condenan a 8 anos ao home que matou ao seu pai cun disparo na cabeza

C.V.V., un veciño de 49 anos, aceptou este mércores declararse culpable do asasinato con...