Touriño implícase de cheo na campaña electoral en Lugo

O ex presidente da Xunta apoio ao candidato socialista de Monterroso, Rafael García.

Touriño con Rafael García, candidato do PSOE en Monterroso, e membros da lista / PSde-PSOE

O candidato do PSOE á alcaldía de Monterroso, Rafael García, tivo este mércores un teloneiro de honor na campaña electoral, nin máis nin menos que o ex Presidente da Xunta de Galicia, Emilio Pérez Touriño. O que fora máximo mandatario dos socialistas galegos amosou o seu apoio á candidatura e destacou a figura de García “que será o alcalde de todos os veciños de Monterroso”.

Rafael García puxo en valor os investimentos que o PSOE, durante a etapa de Touriño na Xunta,  achegou ao Concello de Monterroso para mellorar prestacións básicas do municipio. “Foron só 4 anos, pero foron os mellores para os veciños de Monterroso. Nunca tantas actuacións levou a cabo a Xunta de Galicia no noso Concello como cando Touriño foi Presidente”. Neste eido, o candidato socialista detallou varios proxectos executados polo PSOE como a construción do centro de saúde, o centro de Educación Infantil e Primaria, o saneamento de 19 parroquias ou a dotación dunha sala multimedia.  

“Foi co PSOE no Goberno Galego cando Monterroso viviu unha etapa de progreso, avance e futuro. Estámoslle moi agradecidos a Touriño polo seu intenso compromiso e por facer de Monterroso un Concello de primeira”, dixo. E tamén foi contundente nas súas críticas aos populares; “Agora, coa Xunta do PP levamos máis dunha década discriminados e marxinados. Iso é o que se decide este 26 de maio. Comezar unha nova senda de prosperidade, da man do Partido Socialista, ou volver á escuridade e a parálise da man do PP”.  

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here