InicioPolíticaFeijóo apela a dar "un novo impulso" a Lugo ante o que...

Feijóo apela a dar “un novo impulso” a Lugo ante o que considera a “parálise” da cidade

PUBLICADA O

- Advertisement -

O presidente do PP de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, apelou este martes a dar “un novo impulso” a Lugo co candidato popular á Alcaldía, Ramón Carballo, xa que na cidade “non poden seguir gobernando grupos que só traen consigo a parálise”.

Así se pronunciou nun mitin celebrado en Lugo xunto a Carballo e ao número dous do PP aos comicios europeos do próximo 26 de maio, Esteban González Pons. Neste contexto, o tamén titular do Goberno galego fixo fincapé en “non votar nunca por conformismo”. “Despois destes anos en Lugo, moito menos”, engadiu.

Tal e como o sinalou, votar a Carballo é “votar con ambición e esixencia”, posto que é “o candidato que quererían ter todos os partidos”. Ademais, apuntou que “ninguén” lembra un só proxecto novo na cidade desde antes que marchase o que foi rexedor entre 1999 e 2015, José López Orozco.

Agora, coa socialista Lara Méndez á fronte do Concello, Feijóo di que goberna “por inercia” e que, aínda que a economía “foi mellorando”, o Consistorio “estivo aínda máis parado que nos anos de maior crise sen saberse a que se dedicaron o PSOE, o BNG e as mareas“.

Fronte a esta situación puxo ao candidato do PP, Ramón Carballo, quen “ten todas as condicións e cualidades para ser un grandísimo alcalde de Lugo, xa que vai moito máis alá do propio partido coa única ambición de servir aos seus veciños e á cidade que quere”.

DEFENDE A XESTIÓN NA XUNTA

Así mesmo, Feijóo evidenciou que se a Xunta tivese a actitude do actual goberno lucense, a cidade non tería un dos hospitais públicos “máis modernos de España”, nin o polo aeronáutico de Rozas nin se investiría “máis que no resto de Galicia”.

Así as cousas, o titular do Executivo autonómico tamén insistiu na necesidade de “unir o voto” no PP para que sexa “útil” e, deste xeito, non se favoreza a formación de gobernos de esquerdas. Neste sentido, insistiu en chamar aos votantes de Ciudadanos: “Porque xa coñecemos a experiencia e non foi boa para ninguén”.

ÚLTIMAS

Incendio nunha empresa de colchóns de Palas de Rei mobiliza un amplo operativo de emerxencias

Os servizos de emerxencias traballan na extinción dun incendio iniciado no exterior do recinto...

A Xunta só dá 10 días para consultar o expediente de Altri a 75 persoas interesadas

A Consellería de Economía e Industria recoñeceu a 75 persoas como interesadas no proxecto...

O PP lucense esixen a Tomé unha repartición “igualitaria” dos convenios da Deputación

Alcaldes e concelleiros do Partido Popular dos 67 concellos lucenses concentráronse este venres ante...

Dous detidos por estafar máis de 30.000 a unha empresa de Lugo

A Garda Civil de Lugo identificou a dous veciños de Cataluña que supostamente estafaron...