InicioLugo e contornaO BNG de Lugo propón a peonalización de toda a Rolda da...

O BNG de Lugo propón a peonalización de toda a Rolda da Muralla e unha zona pública de baño no Miño

O candidato do BNG á alcaldía de Lugo, Rubén Arroxo, acompañado da concelleira Maite Ferreiro, presentaron este martes o programa co que concorren ás eleccións municipais do 26 de maio, no que, entre outras cousas, propoñen a "peonalización" de "toda" a Rolda da Muralla.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O candidato do BNG á alcaldía de Lugo, Rubén Arroxo, e a concelleira Maite Ferreiro presentaron este martes o programa co que concorren ás eleccións municipais do 26 de maio, no que, entre outras cousas, propoñen a “peonalización” de “toda” a Rolda da Muralla.

A formación comprométese a desenvolver este proxecto nun prazo de oito anos, “que sería o tempo preciso para crear as infraestruturas necesarias”, como aparcadoiros disuasorios na contorna da Muralla ou a modificación do servizo de autobuses, “aínda que para isto non se necesitan oito anos”.

Igualmente, explicaron, faranse “modificacións de tráfico”. “Isto ligarémolo tamén a outra cuestión, a que o tráfico na Avenida da Coruña terá que ser de saída” da cidade, en dirección ao Nacional V, apuntan.

“PARA QUE LUGO FUNCIONE”

Ademais, o BNG, que se presenta aos comicios municipais co lema ‘Para que Lugo funcione’, exponse a creación dunha zona pública de baño na contorna do río Miño, unha vella aspiración dos nacionalistas.

Outro aspecto que levan no programa é o de “cumprir a sentenza” sobre as torres do Garañón, que obriga á súa demolición e a “devolver eses terreos á legalidade”.

Finalmente, os nacionalistas tamén apostarán “pola transversalidade total das políticas feministas nas diferentes áreas do Concello e, así, disporase “unha dotación de recursos suficiente para que a Casa da Muller poida dar un servizo de atención integral ás mulleres as 24 horas”.

Da mesma forma, apostan por “observar o bo funcionamento dos pisos de acollida” e pola “boa coordinación da Casa da Muller cos centros sociais”.

ÚLTIMAS

Mochilas sensorias neurodiverxentes nos Museos de Lugo

Os museos provinciais --Museo Provincial de Lugo, Museo do Mar de San Cibrao, Museo...

Obradoiros de coiro, cerámica e teares para celebrar os ‘Días Europeos da Artesanía’

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo, a través da área de Artesanía, súmase á...

Coñecemos á ‘Galiartesá’, Pepa Lombao, oleira de Bonxe

O Galicia Confidencial presenta a serie 'Galiartesáns e galiartesas' coa que procura visibilizar diferentes oficios artesáns...

O Concello de Lugo defende que os recursos empregados no Ceao foron “suficientes”

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Ana González Abelleira, saíu ao paso das...