Darío Campos lamenta o “penoso” incidente do pleno da Deputación e critica a actitude “destrutiva” do PP e de Martínez

Martínez, lonxe de desculparse, segue disparando contra o PSOE e acusa ao alcalde de Pol, con quen tivo o enfrontamento, de "ofrecerse ao PP".

O goberno provincial que preside Darío Campos estuda a intervención administrativa de Suplusa | Óscar Bernárdez
Darío Campos, presidente da Deputación de Lugo | Óscar Bernárdez

O presidente da Deputación de Lugo, Darío Campos, criticou o “penoso” o enfrontamento do último pleno da institución provincial entre o deputado non adscrito Manuel Martínez e o deputado socialista e alcalde de Pol, Liño Rodríguez, con insultos durante unha discusión sobre a apertura de residencias.

Esta cuestión trátase dun conflito aberto entre o propio Martínez, o PP e o goberno provincial, que levou aos primeiros a presentar denuncia para pedir a paralización da apertura das residencias de Pol e A Fonsagrada.

Este mandato foi bastante penoso en canto á postura da oposición e a provocación que vimos sufrindo durante todo este mandato, e algunha persoa non se aguanta e ten que contestar”, sinalou.

Neste sentido, criticou de novo o incidente vivido no pleno, aínda que reprochando á súa vez a postura “destrutiva” dos membros da oposición, Martínez e os membros do PP, por dedicarse a enlamar o terreo de xogo” e a “pór trabas aos proxectos que eran pioneiros na provincia”, como é o caso da apertura das residencias para maiores que promove a deputación.

“Hai administracións que chaman á deputación para coñecer como funcionan as residencias, e nese sentido eu síntome orgulloso do traballo que se fixo desde aquí. Ademais somos a única administración que seguimos licitando obra pública na provincia“, presumiu.

Finalmente, o presidente provincial nega que a apertura destes centros sexa “ilegal”. “Temos todos os informes xurídicos desta casa, que van na mesma dirección ou se equivocan os nosos xurídicos, mesmo técnicos da universidade que ratifican os informes de todos os nosos xurídicos”.

MARTÍNEZ SEGUE DISPARANDO

Manuel Martínez, pola súa banda, recoñeceu que é unha persoa “polémica durante moito tempo”. “O problema que teño é que digo as cousas á cara e pode molestar á xente”. Neste sentido, deixou claro que “non” tería “inconveniente” en collerlle o teléfono a Rodríguez e “en aceptarlle as desculpas”, pero matizando que llas tería que pedir á súa nai.

En todo caso, e lonxe de asumir as súas responsabilidades, Martínez acusou ao seu ex colega de partido de ofrecerse ao PP “en 2015”, cando “peregrinou a Mondoñedo e non a ver a catedral (a alcaldesa de Mondoñedo é a presidenta do PP de Lugo)”, ironizando con que unha persoa así “lle chame a atención a outro deputado que estivo 40 anos defendendo esa camiseta (polo PSOE)”. “É estrambótico e un esperpento”.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here