Elena Candia tamén destaca que o PP “resiste” en Lugo fronte ao desastre do PP no estado

Os populares gañan por un punto aos socialistas tras caer 17 puntos.

Elena Candia, presidenta do PP de Lugo. EUROPA PRESS - Arquivo

A presidenta do PP de Lugo, Elena Candia, puxo en valor este luns que a súa provincia é unha do catro a nivel estatal nas que o Partido Popular resistiu ” a baixada que viviron outras provincias de España”.

Nun comunicado, Candia destacou que en Lugo, xunto con Ourense, Ávila e Salamanca, así como a cidade autónoma de Melilla, o PP foi o máis votado nas eleccións xerais deste domingo. “A diferenza destas, somos a única provincia española na que mantemos a representación no Congreso e no Senado, con dous deputados e tres senadores”, matizou.

Así, a de Lugo é a segunda provincia que consegue unha maior porcentaxe de voto para o PP en España, cun 33,61%, por detrás de Ourense cun 34,81%.

Neste sentido, a presidenta provincial do PP explicou que “aínda que non son os resultados que esperaban“, os populares seguen sendo a opción preferida polos lucenses, polo que “resiste a baixada que viviron outras provincias de España”.

Candia precisou que é o momento de analizar a xornada deste domingo “con realismo, franqueza e contundencia”. Con todo, subliñou que o PP de Lugo superou en 17 puntos o resultado a nivel nacional e en seis puntos o resultado galego.