InicioLugo e contornaLugoÁlvaro Santos (PSdeG): "O espazo político do PSOE está nunha esquerda positiva,...

Álvaro Santos (PSdeG): “O espazo político do PSOE está nunha esquerda positiva, propositiva, dialogante e construtiva”

Agarda dárlle a volta aos resultados en Lugo cos votos do estranxeiro xa que a diferencia co PP é de 800 votos.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O secretario xeral do PSOE de Lugo, Álvaro Santos, considerou que a súa formación “segue sendo un referente na provincia” a pesar dos mellores resultados do PP nas xerais, aínda que confía en que o reconto do voto de residentes no estranxeiro permita “darlle a volta á situación”

O PP conseguiu na provincia de Lugo dous deputados e tres senadores, mentres que o PSOE logrou dous e un, respectivamente. Santos sinalou que o PSOE quedou a 800 votos de pasar aos populares, e impúxose en 25 dos 67 municipios da provincia, que “son os concellos con máis habitantes”.

“O PSOE sigue sendo un referente na provincia. Gañamos en varias comarcas, e na cidade cunha gran diferenza con respecto á segunda forza política”, congratulábase Santos. Neste sentido, animou a encarar as municipais do 26 de maio con “unha expectativa positiva”. “Estamos ante un PSOE que nestas xerais sacou o mellor resultado da última década”, celebra o líder provincial.

Así, considerou que “o espazo político do PSOE está nunha esquerda positiva, propositiva, dialogante e construtiva”, e que “as campañas electorais teñen que ter ese ton de respecto con dás as opcións políticas e con todos os cidadáns independentemente da súa ideoloxía”.

ÚLTIMAS

Lugo convértese no epicentro do cine galego cunha ambiciosa programación previa aos Premios Mestre Mateo

A Academia Galega do Audiovisual deu a coñecer en Lugo o programa de actividades...

Lugo aproba o anteproxecto de orzamentos locais previstos para 2026

A Xunta de Goberno local celebrada este mércores en Lugo deu o visto e...

Manteñen a pena de 26 anos para o autor do asasinato da lucense Cristina Cabo

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a condena contra o home...

Restricións en varias estradas da Montaña de Lugo pola neve

O temporal de neve que afecta a boa parte da península tamén ten moitas...