InicioA UlloaComeza a xornada electoral en Lugo sen incidencias

Comeza a xornada electoral en Lugo sen incidencias

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un total de 2,2 millóns de electores están chamados a votar este domingo en Galicia. Deles 278.291, en Lugo que terá, ademais, 6.061 novos electores.

Durante a apertura dos colexios electorais non se rexistraron incidencias destacables nas mesas da provincia, segundo informou o Delegado do Goberno.

Para estes comicios, imprimíronse case 27,4 millóns de papeletas para o Congreso — 10.545.000, na Coruña; 9.936.150, en Pontevedra; 3.900.000 en Ourense; e 3 millóns en Lugo--. Ademais, máis de 2,4 millóns de papeletas están impresas para o Senado — 1.045.000, na Coruña; 828.150, en Pontevedra; 300.000, en Ourense; e 250.000 en Lugo.

Ademais, foron solicitados 33 kits de accesibilidade para persoas cegas ou con discapacidade visual grave, das cales 16 foron na provincia da Coruña, nove na de Pontevedra e catro respectivamente en Ourense e Lugo.

Os galegos poderán elixir entre 49 candidaturas ao Congreso e 47 ao Senado. Todas as provincias, salvo Ourense con 13, contarán con 12 listas distintas para escoller aos oito deputados da Coruña, os 7 de Pontevedra e aos catro de Lugo. Os ourensáns tamén contan con catro representantes no Congreso.

Para o Senado, elíxense catro representantes en cada circunscrición. Haberá un total de 47 listas por provincia, 12 en cada unha delas salvo na Coruña, en que foron proclamadas 11.

ÚLTIMAS

Segue a busca da octoxenaria desaparecida en Lugo

A Policía Nacional de Lugo continúa dirixindo o operativo de procura de Isaura, de...

A Deputación de Lugo aproba a licitación para polígono da Fonsagrada, por máis de 2,6 millóns de euros

A Deputación de Lugo deu un paso decisivo para dotar á Fonsagrada de chan...

A UNED de Lugo finaliza o curso cun aumento do 13% na súa matrícula

O Centro Asociado da UNED en Lugo acolleu este xoves a reunión ordinaria da...