InicioLugo e contornaLugoFeijóo fai campaña en Lugo a costa do conflito de Alcoa

Feijóo fai campaña en Lugo a costa do conflito de Alcoa

Alerta de que as plantas de Alcoa en Galicia están "no aire" por un Executivo "hipotecado polos seus socios nacionalistas e separatistas".

PUBLICADA O

- Advertisement -

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, acusou este venres ao Goberno central de “non” ter “interese en presentar un estatuto para as empresas electrointensivas”, do que deduce que o futuro das plantas de Alcoa está “no aire”.

Así o aseverou o tamén líder do PP de Galicia antes da celebración dun almorzo electoral en Lugo, onde dixo ter “claro” que ían chegar ” ás eleccións xerais perdendo o tempo, dicindo que se fai pero non se concreta e por tanto é unha situación de inestabilidade”.

“Lamentablemente, cumpríronse as previsións, sabiamos que non hai interese por presentar un estatuto para as empresas electrointensivas e neste momento Alcoa está no aire, na Coruña con ningunha posibilidade de manter 100 por 100 do persoal e manter a electrolisis e en San Cibrao (Cervo) tamén con moitas preocupacións, porque co prezo actual das enerxías San Cibrao perde diñeiro cada mes”, alertou.

En canto ao dez meses de Sánchez en Moncloa, Feijóo resumiunos en “un Goberno hipotecado polos seus socios nacionalistas e separatistas vascos e cataláns”, o que foi “a acreditación” de que o candidato do PSOE “non ten ningún modelo económico, nin ningún modelo social”.

“BASTANTE PEOR QUE HAI UN ANO”

“Estamos bastante peor que hai un ano, e sobre todo estamos ante un goberno que incumpriu de forma sistemática todo o que dixo aos traballadores de Alcoa e todo o que trasladou ao conxunto dos traballadores das empresas electrointensivas de Galicia”, engadiu.

Feijóo tamén criticou que o Executivo central foi “especialmente duro” con Galicia: “Porque somos un Goberno leal co Estado e porque se nos tratou coma se fósemos o peor dos gobernos posibles”.  “Mentres cumprimos, tratóusenos de incumplidores e os que incumpren teñen todos os privilexios. Se ao final a xente chega á conclusión de que cumprir é prexudicial, ao final non cumprirá ninguén. Espero que a partir do domingo isto cambie”, concluíu.

“NUBOEIROS QUE SE VÍAN DE LONXE”

Pola súa banda, a cabeza de lista do PP ao Congreso por Lugo, Jaime de Olano, mostrou o seu “temor” polo futuro de Alcoa, o cal constata que “eses nuboeiros que se vían de lonxe cada vez está máis preto”. “Xa sabiamos que non ían dar solución, polos comentarios que viñamos escoitando do Goberno, pero agora xa sabemos que nin siqueira van aprobar o estatuto”, afeou.

Por todo iso, e referíndose a a subida do paro rexistrada no primeiro trimestre de 2019, De Olano alertou que “ou varían o rumbo” ou Estaña estará “como estaba en 2008 e 2009”.

ÚLTIMAS

Obradoiros de coiro, cerámica e teares para celebrar os ‘Días Europeos da Artesanía’

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo, a través da área de Artesanía, súmase á...

Coñecemos á ‘Galiartesá’, Pepa Lombao, oleira de Bonxe

O Galicia Confidencial presenta a serie 'Galiartesáns e galiartesas' coa que procura visibilizar diferentes oficios artesáns...

O Concello de Lugo defende que os recursos empregados no Ceao foron “suficientes”

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Ana González Abelleira, saíu ao paso das...

Bombeiros dá por extinguido o incendio no polígono de O Ceao e a Policía Científica inicia a súa investigación

Bombeiros de Lugo deu por extinguido este mércores o incendio que calcinou na xornada...