InicioLugo e contornaLugoEn Marea reclama a "implantación efectiva" da nova oficina xudicial de Lugo

En Marea reclama a “implantación efectiva” da nova oficina xudicial de Lugo

Luís Villares reclama a creación dunha Fiscalía anticorrupción en Galicia.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O portavoz de En Marea, Luís Villares, reivindicou a creación dunha fiscalía anticorrupción para Galicia e demandou a posta en marcha de xulgados exclusivos de violencia en todas as cidades galegas.

Tras participar nunha reunión con traballadores da administración de xustiza en Lugo e acompañado da candidata ao congreso pola provincia, Cristina Pérez Herraiz, Villares tamén esixiu a “implantación efectiva da nova oficina xudicial, coa dotación correspondente de persoal”.

Deste xeito, o maxistrado lucense en excedencia reclamou que todas as cidades galegas dispoñan dun xulgado exclusivo de violencia, unhas infraestruturas que xa teñen Vigo e A Coruña. “Os mesmos números que se dan nesas cidades poderían darse no resto”, sinalou Villares, que lembra que a “Lei Orgánica do Poder Xudicial prevé que os xulgados tendan á comarcalización”.

Así mesmo, en relación á fiscalía anticorrupción, Villares asegurou que Galicia segue “carecendo” de medios “esenciais” para loitar contra a corrupción. “E este non é un problema do pasado, é un problema do presente”, manifestou.

De feito, referiuse a que, nas últimas semanas transcenderon dúas investigacións de carácter política, ao director xeral de Minas, Ángel Bernardo Tahoces, e a do exalcalde de Verín, o popular, Juan Manuel Jiménez Morán. “A corrupción segue sendo unha marca distintiva do PP en Galicia e son necesarios máis recursos para loitar contra a corrupción”, argumentou.

Na súa visita á cidade da Muralla, ademais, volveu a pedir a habilitación dun cuarto xulgado do social na provincia. “Os traballadores e traballadoras ven como os xuízos están a sinalarse para 2021 e iso non é xusto”, esgrimiu.

CANDIDATURAS MUNICIPAIS

Doutra banda, o portavoz de En Marea destacou que haberá ao redor de 70 candidaturas ligadas ao partido instrumental nas eleccións municipais e preto dun centenar con apoio desta formación. “Un salto cualitativo enorme con relación a 2015, en que apenas chegamos a 60”, manifestou.

Tamén lembrou que “moitas” destas candidaturas van baixo o paraugas de Mareas Locais, ademais de vinculadas directamente a En Marea, o que permite sumar esforzos para a representación nas deputacións provinciais.

ÚLTIMAS

Arden varios colectores de madrugada na cidade de Lugo

Varios colectores arderon na madrugada deste mércores na Estrada da Granxa, na cidade de...

Ángel Pérez, novo alcalde de Guntín con 27 anos

O pleno do Concello de Guntín elixiu na tarde deste mércores como o seu...

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos depois

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos despois do seu último concerto nesta cidade....

Piden a absolución dun mozo de Vilalba acusado de violar á súa ex parella menor de idade

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo acolleu este martes a celebración do...