InicioOpiniónDiario da desescalada: volver voar e observar a pegada destes meses

Diario da desescalada: volver voar e observar a pegada destes meses

« Por vez primeira en moitas semanas, vin pasar dous avións (...) Foi, para min, un signo da volta á normalidade. A desescalada levada á práctica ».

PUBLICADA O

- Advertisement -

Onte, por vez primeira en moitas semanas, vin pasar dous avións nun espazo curto de tempo. O estado de alarma deixou o ceo case en exclusiva para os animais que o habitan transitoriamente e xa non se vían aló no alto eses rastros de condensación que deixan os paxaros mecánicos tras de si.

O primeiro dos avións vino algo antes da hora de xantar. Estaba limpando as ventás do meu cuarto e observei unha liña finísima que avanzaba alí, por riba de todo. Quíxeno fotografar, coma quen pretende gardar para sempre unha sensación inaugural logo dun tempo de ausencias.

O segundo avión pasou á media tarde. Xogamos a adiviñar de onde viña e cara a onde se dirixía, en base a aquela pegada que deixaba ás súas costas. O final do ronsel miraba cara a parte sur e afastábase dela. O trazo de vapor era máis groso ca o que vira pola mañá e permaneceu máis tempo suspendido no azul do ceo.

Aquel ronsel do avión atravesoume a min segundo ía furando tamén o ceo. Foi, para min, un signo da volta á normalidade. A desescalada levada á práctica. Pasou un pouco o mesmo coa chuvia de hoxe, que nos colocou unha cuberta gris por riba das cabezas despois de días solleiros que, paradoxicamente, nos nubraban as ideas.

Cal será a pegada que deixemos nós despois de todo isto? E que pegada vai deixar todo isto en nós? Será máis evidente, coma a do segundo avión, ou será fina e case imperceptible coma a do primeiro?

ÚLTIMAS

Segue a busca da octoxenaria desaparecida en Lugo

A Policía Nacional de Lugo continúa dirixindo o operativo de procura de Isaura, de...

A Deputación de Lugo aproba a licitación para polígono da Fonsagrada, por máis de 2,6 millóns de euros

A Deputación de Lugo deu un paso decisivo para dotar á Fonsagrada de chan...

A UNED de Lugo finaliza o curso cun aumento do 13% na súa matrícula

O Centro Asociado da UNED en Lugo acolleu este xoves a reunión ordinaria da...