InicioOpiniónDiario da desescalada: a cara escura do teletraballo

Diario da desescalada: a cara escura do teletraballo

Co confinamento, o teletraballo semellaba "a solución" para en diante; meses máis tarde, parece que fai falta dicirlle ao noso cerebro que hai que poñerse "en modo descanso".

PUBLICADA O

- Advertisement -

Ramón González Rey |  O teletraballo, como o coronavirus, chegou para quedarse. Dino os expertos, como Jordi Serrano, do Future For Work Institute, que constataba nun encontro virtual impulsado pola Universidade da Coruña que se triplicou -do 10 ao 30%– o número de empregados en España que desenvolven as súas tarefas nesta modalidade. O especialista en recursos humanos asegurou que “hai sinais en todos os sentidos” para confirmar a tendencia no post Covid-19, ao anunciar algunhas compañías que o permitirían “para sempre” e países como Alemaña anunciaran tamén que lexislarán sobre o dereito a teletraballar.

Coas restricións do estado de alarma, o teletraballo pareceu non só unha saída para conservar o emprego e a produtividade durante o confinamento duro, senón tamén unha alternativa que se presentaba como de desexable aplicación durante todo o ano. Como “teletraballador” desde o ano 2014, sorprendeume -segue a sorprenderme- que moita xente de orientación progresista vira na opción de teletraballar algo tan natural como o respirar. A sensación xeral era que estabamos tardando.

OS CONSELLOS PARA TELETRABALLAR

O que non me sorprenderon foron a cantidade de artigos que, no inicio da corentenafacían fincapé nos consellos psicolóxicos para empregados antes que nos recordatorios dos dereitos laborais dos traballadores para as empresas que apostan por esta modalidade de traballo. Estamos acostumados a ese tipo de mensaxes que poñen sempre o foco no currante e nunca na patronal: autorregúlate, ordénate, planifica, responsabilízate.

Mesmo vístete. Un profesor, por exemplo, dun Mestrado en Dirección de Persoas e Desenvolvemento Organizativo (!) convidaba en El Confidencial a “non quedar co pixama; o simbolismo é importante e axuda ao noso cerebro a poñernos en modo traballo“.

Dous meses máis tarde, parece que o que fai falta é xusto o contrario, dicirlle ao noso cerebro que hai que poñerse “en modo descanso“.

Podes ler o artigo completo de Ramón González no Xornal da Mariña. A peza forma parte dun ‘Diario de corentena  —agora ‘Diario de desescalada’— conxunto que se ha ir escribindo dende o Lugo Xornal, o Xornal da Mariña e o Xornal de Lemos.

ÚLTIMAS

Ángel Pérez, aos seus 28 anos, perfílase para substituír a María José Gómez na alcaldía de Guntín

Ángel Pérez, concelleiro de Deportes de Guntín, perfílase para substituír a María José Gómez...

O BNG denuncia a situación da sanidade pública na Fonsagrada: atención telemática a maiores e prazas sen cubrir

A deputada do BNG no Parlamento, Olalla Rodil, presentou unha serie de iniciativas para denunciar a situación...

Denunciados unha ducia de condutores en Lugo por alcoholemia positiva, un deles por cuadriplicar a taxa máxima

A Policía Local de Lugo denunciou este fin de semana a unha ducia de condutores que...

A circulación entre a rúa Armañá e a Praza de Santo Domingo estará cortada desde este martes

O Concello de Lugo informou de que, ante a necesidade de executar as canalizacións...